Novas por contido

No DOG do 07/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado mediante a Resolución do 15 de abril de 2021, publicada no DOG número 76, do 23 de abril, pola que se declaran as persoas aspirantes exentas da realización do terceiro exercicio e se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

O tribunal declara exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo.

Convócanse para a realización do cuarto exercicio os días 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo de 2022, ás 16.15 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, as persoas aspirantes que figuran na resolución.

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...