Novas por contido

No DOG do 26/07/2022 a EGAP publica a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG número 66, do 5 de abril de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 21771, onde di: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 60 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.», debe dicir: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.».

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...