Novas por contido

No DOG do 14/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do único exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 25 de febreiro, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca en Silleda.

- RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do único exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 25 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza Abanca de Silleda.

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 22 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...