Novas por contido

Diante das incoherencias da Administración galega acerca de cal vai ser a titulación que se recoñeza para acceder aos procesos selectivos das categorías de cociña, a CIG solicitou resposta escrita á Dirección Xeral de Función Publica e Administración do Persoal, polo cambio introducido nas recentes convocatorias dirixidas ó persoal das cociñas da Xunta, e especialmente á escala de auxiliar de cociña, subgrupo C2.

Na Lei de emprego público de Galiza, os requisitos de titulación esixidos para o C1 de cociña é a de técnico/a e para o C2 só "titulación que habilite para as funcións do posto"; tanto na funcionarización do persoal laboral fixo de cociña, como na estabilización, como nas listas de contratación, permitiuse o acceso á categoría C2-Aux Cociña tanto co ciclo medio como co superior, igualmente ao que se pedía como persoal laboral do Grupo IV, oficiais 2° de cociña. Foron numerosas as persoas que nestas datas realizaron a consulta nos teléfonos de Emprego Público, atopándose con respostas incoherentes acerca da titulación coa que se poderían presentar.

Este cambio de criterio na primeira convocatoria do proceso selectivo de cociña deixa novamente a este colectivo nunha situación na que a día de hoxe dáse o paradoxo de que moito deste persoal interino está xa ocupando postos para os que non saben si poderán tomar posesión no caso de superar o proceso selectivo.

Tamén, no caso de que a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirme o que pon textualmente esta convocatoria, por primeira vez, unha persoa coa titulación media (ciclo medio) poida acceder ás prazas de auxiliar (C2), e de técnico/a (C1), e que outra coa titulación do ciclo superior, só poida acceder as prazas de técnico/a, cando ata o de agora, o ciclo superior daba acceso as dúas categorías C1/C2 ou Grupo III/IV. Namentres o ciclo medio era para o acceso o C2 ou Grupo IV.

Todos estes bandazos que se veñen dando dende a funcionarización do persoal de cociña, e máis concretamente dende que a CIG comezou esta loita e puxo enriba da mesa esta rebaixa profesional pola falta de creación do grupo B, é polo que novamente ó non recuar a Xunta e encadrar a este persoal onde lle correspondería, volve cometer un novo agravio sobre este colectivo, o que ademais de encadralos/as nun grupo máis baixo do que establece a Lei, agora vanse presentar a uns procesos selectivos sen a seguridade de que si aproban poidan tomar posesión nunha das prazas as que se presentan.

Esiximos á DXEP que dea unha resposta certa á titulación requirida, que respecte a seguridade xurídica das persoas que van pagar unhas taxas e adicar o seu tempo e esforzos a preparar un proceso selectivo.

Dende a CIG seguimos a loitar polo recoñecemento profesional e os dereitos laborais do persoal das cociñas; non a degradación e maltrato profesional.

30/06/25. A CIG mobilízase para reclamar a profesionalización das cociñas da Xunta e na defensa dos dereitos do persoal non docente

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...