Novas por contido

No DOG do 05/04/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de marzo de 2024 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Outras novas recentes

Martes, 07 Abril 2026

A CIG urxe aumentar o teletraballo ante a crise enerxética provocada pola guerra

Esiximos a aplicación inmediata do réxime excepcional de teletraballo ante a situación actual, marcada pola suba dos combustibles e da cesta básica A guerra no Oriente Medio, tras os ataques militares de Estados Unidos e Israel contra Irán, e as súas consecuencias sobre o mercado enerxético internacional, co bloqueo do estreito de Ormuz, xa están a ter efectos directos en...
Luns, 06 Abril 2026

Concurso de traslados de axudantes de carácter facultativo, técnico e agrupación profesional: relación definitiva de admitidas

No DOG do 06/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración...
Mércores, 08 Abril 2026

Campaña da Renda 2025 para persoas afiliadas á CIG

Como todos os anos, durante a campaña de realización do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) desde a CIG ofertamos o servizo de realización das Declaracións da Renda a todas aquelas persoas afiliadas que teñan as cotas ao día. A campaña da renda deste ano comeza o día 8 de abril 2026 rematando o 30 de xuño 2026. Para solicitar cita podes facelo por dúas vías: 1....