Novas por contido

No DOG do 30/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Aproban a modificación da relación de postos de traballo de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial (grupo B), no corpo administrativo da Administración xeral (subgrupo C1) e no corpo auxiliar da Administración xeral (subgrupo C2), pertencentes á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (19/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracion, convocounos a outra xuntanza, que vai ser o xoves 19 de novembro, para continuar coa sú aproposta de modificación da Relación de Postos de Traballo. Para esta xuntanza, a Consellería achegounos documentación complementaria que podes consultar aquí: Descargar Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.
Xoves, 19 Novembro 2026

O sector dos coidados e a atención ás persoas en loita!

As traballadoras do sector de coidados e atención denuncian a precariedade da súa situación laboral e dos servizos que se prestan desde a Consellería de Política Social e a Consellería de Educación. Centos de manifestantes marcharon en Santiago de Compostela o sábado 14 de novembro, reclamando a creación dun Servizo Público Galego de Atención ás Persoas que garanta servizos...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...