Novas por contido

No DOG do 09/07/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A2 das cales se publica o baremo provisional

Corpo facultativo de grao medio

Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría

Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social

- RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B e subgrupo C1 en que se publica o baremo provisional

Corpo administrativo

Corpo administrativo da Administración xeral Escala de axentes de inspección. Especialidade de consumo

Escala de axentes de inspección. Especialidade de mobilidade

Escala de axentes de inspección. Especialidade de vixilancia de estradas

Corpo de axudantes de carácter facultativo

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de patrón

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade de mecánico

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia Escala técnica de mantemento de servizos

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade de capataz

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade de mecánico naval

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade de patrón de embarcación

Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade de guía intérprete de patrimonio natural

Escala técnica de cociña

Escala técnica de condución

Escala técnica de análise de laboratorio

Escala técnica en reprodución cartográfica

Escala técnica de gobernantes/as. Especialidade de gobernante/a

Corpo de técnicos de carácter facultativo

Escala técnica de delineantes

Escala de axentes técnicos en xestión ambiental

Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro/a forestal xefe de brigada.

Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de educación infantil

Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade de animación sociocultural

- RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Categorías de persoal laboral do grupo III en que se publica o baremo provisional

Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.

Cat. 12 Mestre/a de taller

Cat. 15. Experto/a en exposicións.

Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante).

Cat. 36. Experto/a audiovisuais.

Cat. 37. Técnico/a de son.

Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM.

Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER).

Cat. 54B. Hixienista dental.

Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller.

Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a.

Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son.

Cat. 98. Auxiliar de luces.

Cat. 100. Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

Cat. 101. Proxeccionista.

Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a.

Cat. 104. Intérprete de linguaxe de signos

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https:// www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...