Novas por contido

No DOG do 23/10/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, de seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño).

- RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2024 pola que se regula o período de prácticas de seis novas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022.

As persoas que ocupan actualmente postos como persoal funcionario interino ou laboral temporal ou laboral indefinido non fixo na Xunta de Galiza deberán cesar no seu posto, se é o caso, de interino ou laboral, e tomarán posesión o día 28 de outubro de 2024, como persoal funcionario en prácticas, no centro directivo ao cal fosen destinadas como consecuencia da elección de destino. Unha vez superado o curso selectivo serán nomeadas persoal funcionario de carreira, con destino provisional, no corpo auxiliar na praza adxudicada no acto de elección de destino.

As persoas que ocupan postos como persoal funcionario de carreira na Xunta de Galiza poderán acollerse ao disposto no artigo 129 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza (licenzas para a realización de estudos sobre materias directamente relacionadas coa Administración pública) e deberán prestar servizos efectivos no centro directivo en que foran destinadas como consecuencia da elección de destino; neste caso, poderán optar entre percibir as retribucións que correspondan pola condición de persoal funcionario de carreira ou as retribucións previstas para o persoal funcionario en prácticas.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...