Novas por contido

No DOG do 04/11/2024 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de agosto de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de agosto de 2024 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación no corpo administrativo da Administración xeral (subgrupo C1), corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial (grupo B) e no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial (subgrupo C1); no corpo auxiliar da Administración xeral (subgrupo C2) e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial (subgrupo C2), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...