Novas por contido

No DOG do 14/11/2024 o CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello) (Diario Oficial de Galiza número 246, do 28 de decembro de 2022), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 21 de novembro de 2024 e o lugar de realización será na Sala Biblioteca do Consello Consultivo de Galiza, sito no Pazo de Amarante na rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

De acordo coa base III.1.2.5 o chamamento para este exercicio será único e iniciarase ás 10.00 horas, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Outras novas recentes

Domingo, 22 Novembro 2026

Modificación da RPT de Emprego

O venres 13 e xoves 19 tivemos dúas reunións coa Consellería de Emprego para abordar a modificación da RPT. A consellería retoma, despois de máis dun ano e medio e de retirar case 200 postos do concurso de traslados de corpos xerais, a modificación da RPT, especialmente relevante para as oficinas de emprego. A modificación farase ao amparo dun plan de reasignación de...
Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...
Mércores, 25 Novembro 2026

Proba piloto de Avaliación de Desempeño: repetimos a chapuza dos tempos de Fraga?

Recibimos unha chamada do Sr. Barreiro, actual director xeral de Simplificación Administrativa e anterior de Función Pública, para informarnos que van facer unha proba piloto para experimentar coa futura avaliación do desempeño das persoas traballadoras da Administración Autonómica. Resulta que en Simplificación Administrativa tiveron a xenial e marabillosa idea de “elixir”...