Novas por contido

No DOG do 17/10/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- ACORDO do 10 de outubro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Outras novas recentes

Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala...
Martes, 25 Agosto 2026

En que plan estamos? U-los recursos para desenvolver a ampliación da formación do funcionariado incluída no novo Plan da lingua galega

O novo Plan da lingua galega promete aumentar a formación do funcionariado sen contar cos recursos precisos Urxe unha solución para o persoal laboral da categoría de titulado/a superior lingüista ao non se corresponder a carga de traballo coa xornada parcial aprobada pola RPT O día 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se nomean...