Novas por contido

No DOG do 17/10/2025 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial e no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo auxiliar da Administración xeral e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 48, do 11 de marzo), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/promocion-especifica/convocatorias-exames

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...