Novas por contido

No DOG do 24/03/2026 publican a RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, pola que se fai pública a relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

Corpos xerais: teñen unha lea monumental coas eleccións de destino e non dan información

Na Comisión de Persoal de 24/04/2026 voltamos a esixir que nos convoquen xa á reunión á que se comprometeron. Na Mesa Xeral do 21/04/2026 comprometéronse a convocarnos a unha xuntanza de carácter técnico para solventar o problema dos actos de elección de destino. Nin nos enviaron datos, nin a listaxe de postos. Non podemos saber cantos postos quedaron vacantes da fase de...
Luns, 27 Abril 2026

Xuntanza coa Inspección de Traballo para a protección do embarazo das traballadoras da AGASS (27/04/2026)

A Inspección insta á Xunta a entregar un protocolo de actuación fronte ao risco biolóxico no embarazo na Axencia Galega de de Servizos Sociais (AGASS). Após a denuncia que interpuxemos as delegadas da CIG na Inspección de Traballo (ITSS) o 12 de marzo de 2026, a inspectora instou á Xunta a entregar un protocolo de actuación para protexer as traballadoras embarazadas...
Luns, 04 Mai 2026

Destinos corpos xerais e convocatoria oposicións mantemento+condución (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público (DXEP) informou na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) da data da xuntanza que os sindicatos solicitamos para falar dos problemas que hai coas eleccións de destino definitivo do persoal funcionario de corpos xerais. Finalmente a xuntanza vai ser o luns 11 de maio. No momento de escribir esta información non...