Novas por contido

Na Mesa Xeral do 11 de marzo, e na xuntanza previa co director de función pública do día anterior, a maiores da RPT de AMTEGA e diversos asuntos de gardacostas, tratáronse os procesos selectivos de diversas escalas, e outros asuntos de interese:

Procesos selectivos a escalas de químicos, biólogos, estatísticos, letrados e enxeñeiros superiores e técnicos industriais

Función Pública comunica algún cambio, pero que non afectan ao que sería a estrutura dos procesos. Estes son os cambios:

  • Modifican o número de prazas de estatística que pasan a ser do 50% para promoción interna. En canto a letrados, queda pendente a resposta de se aceptan ou non que haxa promoción interna.
  • Presentan unha nova proposta de temario específico para biólogos, químicos e para enxeñeiros superiores e técnicos industriais. O resto de temarios específicos están pendentes de resposta das consellerías.
  • Están pendentes de tomar a decisión de se aceptan nota de corte nas bases. Dirano para a Comisión de Persoal.
  • Van consultar con educación se a licenciatura en Ciencias do Mar habilita para presentarse a biólogos.
  • En estatística non haberá material auxiliar no primeiro exercicio. En todo caso quedará á decisión do tribunal.
  • Químico por consolidación: a fase do concurso quedará 35-5 para os dous méritos baremábeis.

A CIG mantén as súas alegacións, que resumimos en:

  • Forma de acceso: concurso-oposición
  • Promoción interna do 50%, horizontal e vertical.
  • Primeiro exercicio: é a única proba obxectiva (agás letrados, que non hai ningunha), polo que demandamos máis peso desta proba.
  • Segundo exercicio: substituír suposto práctico de desenvolvemento por suposto práctico test.
  • En letrados non hai ningún obxectivo, e hai máis exercicios que noutras administracións, polo que propomos substituír un dos actuais por un test.
  • Nota de corte nas bases.
  • Proba de galego (ou mellor en galego)
  • Temario: baseado en normas de dereito positivo, máis concreto.

Os primeiros exercicios non serían antes do 1 de outubro.

Outros asuntos

  • Concurso de corpos xerais: publicación da puntuación provisional moi probabelmente a semana do 14. A toma de posesión podería ser antes do verán.
  • Destino dos procesos selectivos rematados: en marzo ou, máis probabelmente, en abril.
  • Persoal investigador laboral: a semana do 14 enviarán un borrador do réxime que regulará a este persoal.
  • Comisión de seguimento do acordo de vacacións, permisos e licenzas: para a semana que ven remitirán unha proposta de acordo de constitución desta comisión.
  • Extra 2012 e 2013: non queren dar data do pagamento da extra do 2012; respecto das sentenzas que estamos a gañar da extra do 2013, limítanse a dicir que están a analizar as sentenzas e o custe que suporía devolvelo de oficio.
  • Decreto de listas: din que tentarán convocarnos a semana do 14.
  • Criterios para cambio de categoría para o concurso do persoal laboral: convocarán xuntanza na semana do 14.
  • Proceso selectivo veterinarios: enviarán o borrador das bases no mes de abril.
  • Bombeiros forestais: están a ver se hai incremento de gasto para a Xunta e, se houbese, non aceptarían o cambio de denominación.

 

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...