Novas por contido

Na Mesa Xeral do 11 de marzo, a CIG preguntou por diversos asuntos relacionados co persoal do servizo de gardacostas: segunda actividade, comisión de seguimento da Orde do 2/5/2006, e convocatoria de proceso selectivo.

Segunda actividade e Comisión de seguimento da Orde do 2/5/2006

Os sindicatos rexistramos conxuntamente escrito dirixido á Secretaría Xeral solicitando unha xuntanza para tratar estes dous asuntos.

A Lei 1112/2004 establece no seu artigo 9 o paso á segunda actividade dos funcionarios e funcionarias do servizo a partir dunha determinada idade. Xa choveu dende o ano 2004, e a media de idade comeza a ser elevada.

Respecto da Comisión de seguimento da Orde do 2/5/2006 (réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, permisos e licenzas, e compensacións económicas para o persoal do servizo), manifestamos que dende o ano 2006 tan só houbo dúas xuntanzas: unha primeira para constituír a comisión, e unha segunda para comezar a falar do regulamento de funcionamento da propia comisión sen que se chegase a aprobar. Xa pasaron anos dende a segunda e última xuntanza (nos tempos do bipartito), e estanse a dar casos de problemas cos cambios de quendas sen xustificación.

Na Mesa Xeral a CIG insistiu na necesidade de sentarnos a falar tanto da segunda actividade como da comisión de seguimento. A persoa representante de Pesca comprometeuse a convocarnos para a semana que ven.

Convocatoria de proceso selectivo

Na Mesa Xeral preguntamos tamén polo proceso selectivo ás 20 prazas de gardacostas, da Oferta de Emprego do 2015. Segundo Función Pública, xa están resoltos os problemas que tiñan coa titulación (non coñecemos en que sentido). Tampouco deron previsión de datas concretas, comentaron que nas vindeiras semanas achegaran o borrador da convocatoria. O que si manifestou o director de función pública é que haberá proba física.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...