Novas por contido

Durante os días 3 e 4 de maio de 2016, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data Letra Apelido
3 de maio de 2016 A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K

4 de maio de 2016

L-M-N-Ñ-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z
   

-Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:   

    A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña.

    Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica Lucense s/n. Lugo

    Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense

    Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.

-Os aspirantes poderán consultar a partir do 20 de abril o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http:www.mediorural.xunta.gal (no apartado de AVISOS-FORESTAL)

-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

 

Outras novas recentes

Luns, 24 Xuño 2024

A CIG recorre en reposición as listaxes de postos dos concursos de traslados de corpos xerais e especiais

Dende a CIG presentamos sendos recursos de reposición diante da publicación das convocatorias de concursos de traslados dos corpos xerais e corpos especiais publicados neste primeiro semestre do presente ano. Nas dúas convocatorias non se publican todas as prazas vacantes existentes, por exemplo, no caso dos corpos xerais son darredor de 180 prazas as vacantes que non saen...
Martes, 02 Xullo 2024

Prazas para chamamentos de Medio Rural (02/07/2024)

O servizo de persoal de Medio Rural vén de achegarnos a relación de prazas que foron anunciadas en "Moura" para a súa cobertura a través das listas de contratación. Trátase de prazas de 6 e 12 meses correspondentes ao Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF)
Mércores, 26 Xuño 2024

Convocatoria para elaborar listas de contratación temporal para xefe/a de brigada e condutor de motobomba

A Consellaría de Medio Rural publicou as bases para a elaboración dunhas listas de contratación temporal de Bombeiro/a forestal (B.F.)-condutor de motobomba e B.F.-xefe/a de brigada. Ligazón á páxina de anuncios de Medio Rural. Xustifican a súa proposta en que as respectivas listas elaboradas polo Decreto 37/2006 xa están esgotadas. Categorías : BFCMB e BFXB, laboral e...