Novas por contido

Agora agardan que o Conselleiro de Sanidade cumpra a súa palabra e convoque inmediatamente a mesa de negociación que ofreceu para resolver o conflito.

Os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública, acordaron en asemblea, na tarde de onte, desconvocar a folga indefinida que mantiñan desde o 18 de maio, para iniciar a negociación, que ofreceu o Conselleiro de Sanidade.

Este acto de responsabilidade, dos Farmacéuticos Inspectores, debe ser correspondido por parte da Consellería de Sanidade, coa inmediata convocatoria da mesa de negociación coas organizacións sindicais, presentando unha proposta concreta que permita resolver as múltiples eivas que ten pendentes de resolver este corpo de funcionarios.

O corpo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública, fixera un xesto para canalizar este conflito por medio do diálogo desconvocando, desde o día 8 de xuño, tódolos actos de protesta e reivindicacións que tiñan previsto realizar, polo que agora con esta nova decisión non hai escusa para a Consellería de Sanidade de dilatar mais no tempo a negociación dun acordo xusto para ámbalas partes.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...