Novas por contido

No DOG do martes 9 de outubro publícase a Resolución pola que se convoca o concurso de traslados de persoal funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

Este concurso ven con catro anos de retraso: en decembro de 2013 os sindicatos e Administración pactamos un plan de reordenación dos laboratorios de saúde pública, pacto que implicaba un concurso de traslados no prazo de seis meses. Pero tiveron que pasar catro anos máis, e media ducia de borradores ata que por fin, aparece no DOG.

Para a CIG, é inaceptable que das dúas escalas sanitarias existentes, quedase excluida unha delas (escala de atención primaria e especializada). En canto ao baremo, é moi mellorable, pechandose en banda a Administración nalgúns aspectos.

Queremos engadir que estamos a falar duns postos que levan moitos anos sen proceso selectivo polo que a CIG solicitou, xa dende un principio da negociación, que se convocase oferta de emprego simultaneamente ao concurso de traslados, petición que non foi recollida polos nosos interlocutores.

Despois de meses e meses de inxustificados adiamentos, o concurso pasou pola Comisión de Persoal a finais de xuño e foi aprobado co voto en contra de todos os sindicatos. Nese momento dixeran que sería publicado na primeira quincena de setembro. Tivemos que agardar ao 9 de outubro.

Dos demáis concursos, seguimos igual: NADA.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Febreiro 2026

Neste cuadrimestre resolverase o concurso de traslados da Administración xeral

A directora xeral de Emprego Público contestou á pregunta da CIG sobre o prazo para resolver o concurso que afecta a milleiros de persoas empregadas públicas da nosa Administración na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario deste 18/02/2026. Despois de que CCOO informase de que a resolución do concurso se faría a finais de febreiro ou primeiros de marzo, na CIG non contabamos...
Mércores, 18 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación contínua

No DOG do 18/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta...
Luns, 23 Febreiro 2026

Xuntanza para o calendario nas escolas infantís (AGASS e Consorcio) no curso 26/27

Onde están as horas de programación e titorías?A CIG solicitara semanas atrás, negociar o calendario para o vindeiro curso 26/27 antes da publicación do procedemento de admisión de alumnado.   Calendario de traballo para o curso 2026/27 A mediados de marzo publicarán o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 26/27. Este documento afecta ao calendario de...