Novas por contido

“Los funcionarios de la Xunta cogen trece días de permiso al semestre sin contar las vacaciones”. Faro de Vigo 1/10/2018

Comezamos a semana cunha nota do Faro de Vigo deixando claro que o persoal funcionario da Xunta ten moitos permisos, privilexios ou que se “colle días”, é dicir, que son uns escaqueados ou mangantes.

Esa é a primeira conclusión que sacamos da nova do Faro se non nos decatamos de que o tratamento dos datos e torticeiro e irreal, pois para o “absentismo” deben calcularse as baixas (accidentes laborais ou IT) e non os “moscosos” ou as vacacións, por exemplo.

É casualidade que isto suceda xusto cando estamos a demandar melloras laborais e a carreira profesional para os empregados da Xunta de Galicia? Non pasáramos pola mesma campaña de desprestixio xunto antes de aplicarse os recortes mais bestias ao comezo da crise que foron permanentemente implantadas coa Lei de medidas 1/2012?

Dende a CIG esiximos a derrogación da Lei de medidas, coa devolución do complemento para chegar ao 100% nas baixas por IT, a xubilación parcial e anticipada para todo o persoal a recuperación salarial, o Fondo de Acción Social, a eliminación da taxa de reposición e ademais loitamos por medidas concretas na CONCILIACIÓN laboral coa vida persoal e familiar como:

• Semana laboral de 35 h.

• Horario de verán para todo o persoal e dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, coa aplicación proporcional para o persoal que ten reducción de xornada, compensación para persoal que non pode por motivos de atención ao servizo.

• Bolsa de horas positiva por exceso de xornada.

• Fomentar a conciliación con adaptación fronte a redución de xornada, tamén para o persoal a quendas.

• Potenciar o teletraballo e indicar os postos con posibilidade de teletraballo na RPT. 

• Aumentar a idade da menor para acollerse a conciliación familiar aos 14 anos incluído ata o remate do curso escolar.

• Formación en horario laboral ou compensación do tempo investido.

• No deber inexcusable introducir enfermidade menor ou maior dependente como días de ausencia non recuperables (no cargo de flexibilidade).

As administracións e empresas mais modernas, con menor horario laboral, mais medidas de conciliación e seguridade laboral obteñen maior rendibilidade, un menor índice de absentismo e bo clima laboral. QUEN É A RESPONSABLE?

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...