Novas por contido

O luns 26 tivemos unha reunión os catro sindicatos co Director Xeral da Función Pública e a Xefa do Servizo de Provisión de postos de traballo. Esta é a derradeira xuntanza previa á Mesa Xeral (que podería ser o xoves 29 de marzo), e nela tratamos os seguintes cambios respecto da anterior:

1º. Prazas con código A11. Na xuntanza de hoxe aínda non tiñan claro se as ían sacar ou non. A CIG demanda que se convoquen todas as vacantes.

2º. Prazas de nivel 28, 26 e demais que antes tiñan como forma de provisión LD e agora teñen que pasar a concurso, serán obxecto dun posterior concurso específico. A CIG demanda que se convoquen todas as vacantes.


3º. Base I.1, exclúen expresamente ás escalas dos corpos xerais para evitar confusións (no borrador anterior so mencionaban aos corpos especiais). O seu concurso será posterior

4º. Base I.3, respecto do persoal adscrito provisionalmente que ten a obriga de concursar. Van deixar a redacción como está, de maneira que exclúen expresamente da obriga de concursar a todo o persoal que estea adscrito provisionalmente en postos de niveis inferiores en máis de dous niveis ao grao consolidado.

Respecto deste tema queremos lembrarlle a todo o persoal:

  • que segundo a interpretación que Función Pública fai do Decreto 93/95 de provisión de postos de traballo, ningunha persoa funcionaria adscrita provisionalmente terá a obriga de concursar se a praza que ocupa provisoriamente non sae no concurso.
  • Que no caso de ter a obriga de concursar e non facelo, non existe ningunha consecuencia legal agás para os as persoas adscritas provisionalmente consecuencia do reingreso ao servizo activo, que serían declarados en excedencia por interese particular (a. a.61 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia.

A CIG demanda que teña que concursar todo o persoal adscrito temporalmente

5º. Base I.5.- Fase de resultas.- Van estudar a proposta que lles fixemos de incluír unha segunda localidade na fase de resultas.

6º. Base I.6.- Renuncia ao concurso.- Amplíase o prazo aos 10 días seguintes á publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos.

7º. Base II.4.2.- Valoración da permanencia.-

Promoción interna do ano 2007.- Poñerán unha excepción para que se lle valore todo o tempo de permanencia no último posto adxudicado definitivamente

Tempo desempeñado en destino provisional.- A CIG fixo fincapé en que se debía redactar doutro xeito de maneira que se valorase o tempo de destino provisional (referido ao persoal de novo ingreso). A redacción neste apartado mantense por parte de FP polo que o tempo de destino provisional só computará para as persoas que tomasen posesión definitiva no mesmo posto.

8º. Base II.5.1. Formación.-

  • Cursos da Escola Oficial de idiomas. Ponderando a excesiva puntuación que tiñan en convocatorias anteriores e a necesidade de valoralos xa que tamén se valoran os cursos de idiomas da EGAP previsibelmente se puntuarán, pero cun tope máximo de 1,5 dentro do apartado de formación.
  • Valoración de horas. Terán en conta os cursos de 12 horas, pero manteñen valoralos por tramos e non polo número real de horas.
  • Máis cursos. A única modificación é non restrinxir os paquetes ofimáticos a aqueles de Microsoft, máis non aceptan ampliar a relación das accións formativas a considerar.

9º. Base II.6.- Grao de coñecemento do galego.- Celga 5.- Acordase incluílo cunha puntuación equivalente ao curso medio de linguaxe administrativa, é dicir 2,25.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...