Novas por contido

Os Sectores Autonómicos de CIG, CCOO, CSI-F e UGT, logo de xuntanza celebrada o 6 de setembro en Santiago, acordaron impulsar unha Folla de Ruta Unitaria "EN DEFENSA DA PROFESIONALIZACIÓN E SEGURIDADE NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E EN DEFENSA DO REFORZAMENTO INTEGRAL DO SERVIZO PÚBLICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS", concretandose os seguintes Actos Unitarios a realizar:

  • 15  setembro, ás 11:00h.: Concentración Sindical Unitaria diante da Consellería de Medio Rural en San Caetano.
  • 8  outubro, ás 11:00h., Manifestación Unitaria de Traballadores do operativo diante da Consellería de Medio Rural en San Caetano

Os Sectores da Admón Autonómica de CIG, CCOO, CSI-F e UGT rexeitan e decisión do goberno autonómico de seguir empregando a Sociedade Anónima SEAGA na PREVENCIÓN, DEFENSA e EXTINCIÓN de INCENDIOS FORESTAIS así como a utilización da empresa NATUTECNIA na coordenación do operativo, disgregación que xenerou descoordinación e unha importante diminución na eficiencia na loita contra os incendios forestais, polo que denuncian que a contratación do persoal de reforzo do verán feita a través de SEAGA, ao marxe das Listas Públicas Oficiais de Contratacións Temporais da Xunta de Galicia, implica:

- Oscurantismo fronte á transparencia nas contratacións do persoal.

- Precariedade laboral fronte á profesionalización.

- Incumprimento electoral fronte ó compromiso cos cidadáns e co persoal do SPDCIF e PLADIGA.


CIG, CSI-F, UGT e CCOO advirten que seguirán combatendo esta decisión incoherente e inxustificada coas mobilizacións e medios legais que sexan precisos ata conseguir que o goberno cumpra os seus compromisos.

CIG, CCOO, CSI-CSIF e UGT ESÍXENLLE UNITARIAMENTE Ó GOBERNO:

  • O REFORZAMENTO do CARÁCTER PÚBLICO do SERVICIO PÚBLICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF)
  • A CONTRATACIÓN de TÓDOLOS traballadores de Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais (SPDCIF e PLADIGA) a través das Listas Públicas Oficiais de Contratacións Temporais da Xunta de Galicia.
  • A eliminación de SEAGA e NATUTECNIA do ámbito da Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais.
  • A CONVOCATORIA URXENTE das OOSS para permitirlle ás persoas representantes lexítimas das traballadoras e traballadores que lle podamos expoñer as nosas valoracións sobre tódalas eivas que se levan producido nesta tempada de alto risco, tanto en materia de dereitos laborais, como, na falta de prevención de riscos laborais e descoordinación.
  • A CONVOCATORIA URXENTE do Comité de Seguridade e Saúde do SPDCIF para os efectos de abordar toda problemática existente en materia de seguridade, así como a sinistralidade acontecida en todo o que vai de tempada.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...