Novas por contido

O que segue é un resumo da xuntanza que o venres 10 de setembro tivemos as organizacións sindicais co director xeral da función pública, e na que, sen tratar todo o tratábel, informáronos de numerosos asuntos de interese xeral. Publicamos a información sen valoración algunha da CIG.

Concurso de traslados do persoal laboral e consolidación:

  • Din que a semana que ven poranse a traballar nisto.
  • As OPEs van a seguir adiante.

Concurso de traslados corpos xerais:

  • O martes 14 publicarán o listado provisional de admitidos e excluídos.
  • Hai 2876 solicitudes das cales 672 son de persoas de outras administracións. Hai 200 e pico excluídos
  • Esperan ter a resolución provisional na 2ª quincena de outubro e antes de que acabe o ano, se é posíbel, a definitiva.
  • Nomearán a 2 representantes sindicais para a comisión do concurso.

Concurso de corpos especiais:

Volverán a falar coas Consellarías máis implicadas para que axilicen as RPTs.

  • A RPT de MATI está avanzada
  • Industria -> Publicada
  • A Presidencia -> Aprobada
  • Consellaría de Presidencia e do Mar: Van retrasadas.
  • Mediou Rural: Tamén vai retrasada. Piden celeridade aos Comités na remisión do informe sobre as amortizacións para axilizar a tramitación da RPT.

Queren que antes de final de ano estea convocado polo que quere ir avanzando nas bases. Non precisa datas.

OPE 2010:

  • Non está claro que vaia haber OPE.

Axentes Forestais (integración na Escala de Axentes Medioambientais)

  • Publicarán o temario na semana do 17 de setembro.
  • Retrasarase o proceso selectivo “unha poucas semanas” co que previsíbelmente o exame sexa a finais do mes de novembro.

Fondo de Acción Social:

  • Falan de que o 30 de setembro publicarán as listaxes definitivas.
  • Este ano non van a fraccionar o pago, senón que pagarán todo a final de ano salvo as de xubilación que pagarán en canto estea a resolución.

Previsión de tomas de posesión

  • A2: Están presentando a documentación e revisándoa.
  • C1 e C2: En función de cómo vaian co concurso terán as tomas de posesión. Non darán logo tomas de posesión provisional senón que darán tomas de posesión definitivas.

Procesos Xudiciais:

A1 (Convocatoria 2002): Sentenza do supremo que obriga a incluír a unha persoa no curso selectivo da EGAP. Había 10 prazas e 40 aprobados. Ao curso selectivo soamente accederon os 10 primeiros. Alguén recurríu e agora obrigan á Xunta a facerlle o curso. Din que a sentenza non é extensiva aos 29 restantes, soamente ten dereito o recorrente.

Oposicións Turismo: Presentouse un incidente de execución por parte dos opositores suspensos e que non recurriran no seu día. A resposta de Función Pública será manterse á espera da próxima sentenza do TSXG.

Grupo III Categoría 100: Hai unha persoa (de Lugo, segundo dixeron) á que lle valoraran 3 puntos a antigüidade. Alguén recurríu esta puntuación e compróbase que a puntuación recoñecida estaba mal. Modificárona e déronlle prazo de alegación ao afectado. Vaise ir a un proceso de revisión de oficio e a lista correrá un lugar.

Grupo IV Categoría 033: Hai unha sentenza firme que anula o nomeamento de 3 opositores (de Lugo tamén) que participaban neste proceso selectivo xa que non tiñan a titulación exixida. O tribunal correrá a lista 3 posicións.

Rematamos

Os representantes da CIG preguntáronlle ao Director de Función Pública que elementos de xuízo incorporaba este cronograma para facelo mais críbel que os anteriores. A esto resposta que os anteriores case non se incumpriron e que de todos os xeitos agora as RPTs están moito máis avanzadas e o convenio desbloqueado.

Ao final da xuntanza entregan a resolución das instrución de adscrición dos cesados a petición das centrais sindicais, resolución que "mais ou menos están a aplicar" (??). Sorprendente, xa que o documento entregado foi retirado da Mesa de Negociación na que se tratou sen que volvese nunha a outra. Logo, estase a aplicar sen negociación, a sabendas.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...