Novas por contido

Aos paróns e irregularidades que asolagan diferentes procesos selectivos da Xunta de Galicia únese agora o parón inxustificado na recta final da promoción interna ao C1 da OPE 2008. A baremación definitiva da fase de concurso foi publicada no DOG con data do 15 de outubro. Dende entón, van case 2 meses, o tribunal aínda non achegou a lista de persoas que superaron o proceso selectivo. Unha lista que somentes supón a suma das notas do primeiro exercicio coas da baremación da fase do concurso. Preguntado na Mesa Xeral do 03/12/2010, a Administración contestou vagamente dicindo que existían varias reclamacións. Pois ben, estas reclamacións, cando as puntuacións xa están elevadas a definitiva en ningún caso xustifican a paralización en vía administrativa do proceso.

Por outra banda, a CIG-Autonómica denuncia o agravio comparativo cos aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre. Con data de 07/10/2010 demandamos que a prioridade de toma de posesión debería ser en primeiro lugar para promoción interna segundo marca a lei. As tomas de posesión provisional desvirtúan o dereito das persoas da quenda de promoción interna e dan lugar a que unha persoa de acceso libre acumule máis tempo traballado e méritos cunha persoa de promoción interna. Para máis inri, coa recente convocatoria de 2 cursos de xefatura de sección, as persoas de promoción interna tamén se van ver prexudicadas xa que mentres as de quenda libre xa poden solicitar estes cursos (e por tanto valorárselle en futuros procesos), as persoas de promoción interna terán que agardar a unha próxima convocatoria

Xa que logo, a CIG-Autonómica, recollendo as queixas das persoas participantes no proceso selectivo do C1 promoción interna, vén de instar á Función Pública por escrito e con data do 10/12/2010 a que:

  • Dispoña os medios materiais e humanos precisos para a axilización deste proceso selectivo para garantir que estea rematado cando o resto de corpos xerais da mesma OPE, tendo en conta as fases restantes (achega de documentación). Xa que logo, demandamos a comunicación dunha data aproximada da publicación da lista de persoas que superaron o proceso selectivo.

  • Se isto non for posible, se nos informe detidamente das circunstancias que están a producir a paralización da publicación da lista das persoas que superaron este proceso selectivo, co fin de poder transmitir a cumprida resposta ás queixas das persoas candidatas.


Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...