Á Comisión de Persoal do 29 de marzo leváronse os seguintes temas: os criterios xerais para o OEP 2011, a proposta de moidificación do decreto que regula as indemnizacions de servizo, a proposta do temario do subgrupo A1.
Criterios xerais para a OEP 2011
A Administración presentounos un documento co número de prazas a convocar (Anexos I e II). Das que aparecen como Acceso Libre se reservará unha porcentaxe para promoción interna, pero non din cal. (A lei establece como mínimo un 25% e nós esixiremos como mínimo un 40% na negociación das convocatorias onde sexa posible).
Non atenden ás nosas alegacións presentadas na Mesa Xeral.
Seguimos considerando que esta OEP vén marcada por consideracións políticas de reducción de persoal e de propaganda de cara aos cidadáns. Medra o número de asistencias técnicas e de contratacións externas e a Xunta non quere asumir que fai falla máis persoal.
Hai que ter en conta que a Administración faltou á palabra dada, cando prometeu unha OEP 2010 que se acumularía á do 2011 para ter máis prazas e que renunciou a aquela e esta é ridícula; en realidade son 154 prazas xa que as 96 de PI de Corpos Xerais derivan da non cobertura de prazas da OEP do 2008.
Seguen mantendo a exclusión dos/as funcionarios/as das escalas da promoción interna. E non só iso, senón que modifican o decreto da OEP 2009 para excluílos tamén desa Oferta.
Todo iso nos levou a votar EN CONTRA desta OEP exigüa e discriminatoria.
Proposta de modificación do Decreto 144/2001, de 7 xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.
Non aceptan ningunha das nosas alegacións:
- Nin idénticas indemnizacións para todos os subgrupos.
- Nin actualización das axudas de custo tendo en conta a variación do IPC dende o último ano que se revisaron. Lembrámoslle o alarmante que resulta que os/as funcionarios/as que están obrigados a utilizar vehículo propio para realizar o seu traballo vexan como sube o IPC e o prezo dos carburantes manténdose o mesmo importe das axudas.
- Nin aceptan que o nomeamento de persoal que realiza tarefas de auxilio dos procesos selectivos a CIG solicita que se faga por sorteo entre todo o persoal da Xunta de Galicia que voluntariamente o solicite.
- Nin corrixen a discriminación que supón que o persoal non docente dos centros de ensino cobre menos polas labores de auxilio aos tribunais da Consellaría de Educación e que sexan voluntarias.
O noso voto é EN CONTRA
Proposta de temario do subgrupo A1 Informática.
Consideramos que a proposta de temario é relativamente axeitada aínda que bastante ampla.
A Administración acepta varias das alegacións presentadas pola CIG.
O noso voto é A FAVOR
Rogos e preguntas
Reiteramos a pregunta feita a Cultura sobre as inquedanzas do persoal da antiga Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura pero Cultura tampouco manda ningún representante á Comisión.
Preguntamos pola contratación dos Orientadores Laborais, e nos din que proximamente nos chamarán para explicarnos como van plantexar este asunto.
ANEXO I
I- ADMINISTRACIÓN XERAL
1. ACCESO LIBRE
Escalas:
Corpo superior de administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1)
- Escala de letrados/as 6
- Escala de sistemas e tecnoloxía da información 15
- Escala superior de finanzas 8
- Escala superior de estatísticos 4
Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)
- Escala técnica de finanzas 8
- Escala de xestión de sistemas de informática 8
II. ADMINISTRACIÓN ESPECIAL
1. ACCESO LIBRE
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (Subgrupo A1)
- Escala de inspección urbanística 7
- Escala de enxeñeiros/as de minas 9
- Escala de enxeñeiros/as industriais 11
- Escala de arquitectos/as 6
- Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos
- Especialidade bibliotecas 7
- Especialidade de arquivos 3
- Escala de enxeñeiros de telecomunicacións 2
- Escala de biólogos 8
- Escala de arqueólogos 1
- Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros:
- Especialidade de máquinas e instalacións mariñas 6
- Especialidade de lexislación marítima 1
- Especialidade de navegación marítima 1
- Especialidade de pesca marítima 1
- Especialidade de procesos de cultivo acuícola 5
- Especialidade de inglés marítimo 1
- Intervención subacuática e hiperbárica 1
- Medicina subacuática e hiperbárica 1
Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)
- Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas 8
- Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais 5
- Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:
- Especialidade de bibliotecas 7
- Especialidade de arquivos 9
- Escala de topógrafos/as 1
Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (Subgrupo C1)
- Escala de delineantes 4
TOTAL 154
ANEXO II
I- ADMINISTRACIÓN XERAL
PROMOCIÓN INTERNA:
Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1) 15
Corpo Auxiliar da Xunta de Galicia (Subgrupo C2) 81
TOTAL 96