Novas por contido

No último plenario da Xunta de Persoal, celebrado o día 19 de xaneiro, adoptáronse os seguintes acordos:

  • Emitir un comunicado de rexeitamento aos recortes aprobados polas distintas Administracións Públicas e en defensa dos servizos públicos e da figura do empregado público, asi como a convocatoria dunha asemblea de traballadores para o día 9 de febreiro co obxecto de analizar e debater sobre a situación e acordar mobilizacións. Decideuse facelas nos edificios administrativos de San Caetano e de San Lázaro no lugar e hora que se comunicará oportunamente.

  • Realizar unha concentración de delegados e delegadas, baixo o lema “A Xunta de Persoal existe” o día 26 de xaneiro, ás 12 horas, na praza que hai diante do Consello da Xunta, para expresar a nosa indignación polo desprezo dalgúns departamentos da Xunta de Galicia que ni tan siquera se digna a contestar oas escritos que dende este organo se lle remiten. Acordouse solicitar o apoio dos membros do Comité de Empresa dos SS CC e dos delegados das distintas seccións sindicais.

  • Remitir á Dirección Xeral da Función Pública un escrito dirixido no que solicitamos que nos confirme a continuidade de todos os procesos de selección e provisión pendentes e que se nos informe do cronograma previsto para cada un deles.

  • Delegar na Comisión Permanente da Xunta de Persoal para que faga as xestións de cara a abrir unha negociación con RENFE, na que participaría tamén a Xunta, para intentar como obxectivo de mínimos unha minoración no prezo do bono 40 do Avant.

  • Facer, a través da Comisión Permanente, as xestións oportunas con Tralusa para reforzar as liñas que unen a estación do tren con San Caetano e con San Lázaro nos horarios de entrada e de saída; así como o reforzo das liñas do Gaiás.

  • Modificar o regulamento da Xunta de Persoal na liña de permitir a delegación de voto nos casos de paternidade, maternidade e para todos os permisos de conciliación previstos na Lei de igualdade.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...