Novas por contido

O venres 26/09/2025 celebrouse a Comisión de Persoal onde se levaban dous asuntos,

 

RPT de Medio Rural

Estamos en contra dunha modificación de RPT na que se amortizan 14 postos de traballo para crear 7. Sen os postos derivados do decreto de estrutura temos que se destrúen 7 postos para crear 2 e para financiar a inmoral e insolidaria suba do complemento específico dos letrados ata os máis de 30.000 euros.

CIG - En contra
CCOO - A favor
CSIF - A favor
UGT - Abstención

 

RPT de administración especial

Traen á Comisión de Persoal unha nova memoria con novas creacións de postos.

Crean postos duplicados de aqueles afectados por medidas cautelares; crean máis postos, especialmente na escala de enxeñaría técnica forestal, para poder ter postos suficientes para dar as tomas de posesión; pola contra non aceptan nin establecer un nivel dos postos creados en consonancia cos niveis medios da escala, e no caso dos postos de bioloxía, optan por non crealos senón por modificar os requisitos pasando o doutoramento a mérito.

Valoramos que se acepten grande parte das nosas alegacións é aínda que non é suficiente como para votar a favor, consideramos que o máis importante é poñer a andar xa o concurso e os actos de elección de destino previos.

CIG - Abstención
CCOO - A favor
CSIF - A favor
UGT – Abstención

En relación ao orde en que pedirán as distintas escalas nos actos de elección de destinos definitivos do persoal que está en provisional nas escalas que concursan, aclaran que cada escala levará un anexo de prazas, co cal, se garantirá, como non pode ser doutro xeito, que todas as persoas poidan ter destino definitivo, sexa nun posto exclusivo da escala ou nun aberto a varias. E tamén comentan que non hai novas medidas cautelares.

Dende a CIG esixímoslle que nos achegue unhas datas certas sobre a resolución dos concursos. Din que estudarán aportalo.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...