Novas por contido

A CIG denuncia a carencia de efectivos, a falla de prevención, descoordinación así como a feira mediática do Exército español nos montes galegos.

A CIG demándalle á Consellaría do Medio Rural e do Mar unha política forestal encamiñada na reorganización do monte así como plans de uso para os diferentes parques naturais existentes na nosa comunidade.

Nesta semana á Conselleria do Medio Rural e do Mar vén de reforzar o operativo, por chamarlle de algún xeito, con un total de 68 traballadores, distribuídos en técnicos forestais (8 postos), xefe de cuadrilla (7), emisoristas (6), peóns conductores (7) e peóns de incendios (40), cuxa localización vai ser as brigadas helitransportadas das bases de Campiño e Silleda en Pontevedra, Marroxo en Lugo e Vilamaior en Ourense.

Desde a CIG denunciamos o escaso número de contratacións de cara ao reforzo do cadro de persoal existente, entendendo que para que non se produza novamente un desastre económico e ecolóxico na nosa comunidade, é preciso, necesario, urxente e obrigatorio un maior número de contratacións de persoal de cara ao reforzo da precampaña ou mellor dito, dado as condicións climatolóxicas que vimos soportando dende fai uns meses, podemos dicir que ata mesmo a propia campaña, tamén denominada período de alto risco de incendios forestais.

A propia Xunta de Galiza ten que darse conta que hoxe en día de acordo co cambio climático que se está producindo é convinte que, cando ata agora non se requiría de medios humanos e técnicos para labouras de extinción de incendios agora si o é, sempre e cando sigan coa política forestal actual encamiñada no abandono do noso monte, consecuentemente do noso rural. Ata o que foi Conselleiro do Medio Rural e agora delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, chegou a dicer en plena oleada de incendios, que “o monte galego non tiña solución posíbel”, con este tipo de afirmacións podemos chegar a comprender o escaso coñecemento que teñen os políticos de turno das necesidades reais do noso monte. Nun país como o galego é inaudito que tendo o 70% da súa superficie catalogada como monte non alcanzemos a ver a riqueza que eso supón, sendo a propia administración, a Xunta de Galiza, a responsábel da incompetencia ou inútil política en materia forestal.

A CIG denuncia o progresivo desmantelamento do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais por parte da propia administración no senso da negativa a cubrir vacantes e baixas do persoal laboral fixo e fixo discontinuo do citado servizo. Por non cubrir, ata non deron a orde correspondente para suplir ao compañeiro que desgrazadamente faleceu en labouras de extinción no lume que tivo lugar no concello de Castrelo do Val na semana pasada.

Entendemos dende a CIG, que a falta de medios humáns nun servizo de emerxencia como éste pode levarnos a situacións tan dramáticas como as que vivimos fai uns días co falecemento dun brigadista, onde a escaseza de persoal está repercutindo negativamente tanto na operatividade do propio servizo, como no aumento da superficie queimada nos diferentes incendios forestais. Facemos fincapé tamén, a obrigatoriedade por parte de Medio Rural e do Mar a cumprir os protocolos de actuación nos incendios forestais así como a implantación dun plan preventivo, no que debe prevalecer e/ou imperar unha formación axeitada para os traballadores e traballadoras do servizo público contra incendios encamiñada a salvagardar as súas vidas que día tras días están a poñelas en xogo.

Éste aumento da superficie queimada, dende a CIG entendemos que é debido ao estado do monte; hoxe os nosos montes son uns auténticos polvoríns, nos que desgrazadamente coa política de recortes no eido da prevención, fálase duns 20 millóns de euros, lévanos a mirar como se está a deteriorar a nosa riqueza forestal, cando entendemos que o camiño é outro ben distinto ao dos recortes en política de prevención.

Outro aspecto a ter en conta, e a denunciar, é a descoordinación dos medios existentes na loita contra o lume en Galiza. Vimos como ata os propios brigadistas da Xunta de Galiza, en lumes como o de Castrelo do Val ou mesmo nas Fragas do Eume, así como os veciños e veciñas dos pobos afectados polas lapas dos lumes denunciaban tal descoordinación, chegando os brigadistas a afirmar que tiñan ordes de non facerlle frente ao lume.

É desexo noso manifestar asimesmo, o noso descontento coa feira mediática que se está a producir cada vez que o exército español, nesta caso a UME, irrumpe nos montes galegos. Afirmamos que é unha feira mediática polo feito de que se está a vender a sociedade unha imaxe dunha unidade militar que temos que dicer que non é especializada en incendios forestais, chegando en moitos casos, a provocar descoordinación cos propios medios da Xunta de Galiza nas tarefas de extinción dos incendios forestais, incrementando desta maneira o número de hectáreas queimadas así como o risco paras as persoas que integran o operativo de extinción.

A presencia do exército español non é máis que a incompentencia en materia de incendios forestais do goberno da Xunta de Galiza, dado que si tivésemos un operativo para a loita contra incendios forestais axeitado e acorde as necesidades reais dos nosos montes non faría falla a presencia da garda militar. Está consolidado no país chamado España un grupo de garda civís dedicado as 24 horas do día a protección da natureza, máis coñecidos por SEPRONA, pois ben, a CIG quere expresar o seu descontento co persoal que integra éste servizo, que cando tiñan que estar a vixiar os nosos montes dos terroristas medioambientais que están a queimar a nosa riqueza forestal, dedicáronse a salvagardar os centros comerciais franceses que proliferan pola nosa comunidade, aos feitos nos remitimos, cidade de Ourense, día 29 de Marzo.

Que visto o que aconteceu nas derradeiras semanas, e que entendemos que poderá seguir producíndose debido ao estado actual dos nosos montes, nas que tivemos lumes de norte a sur, de este ao oeste, cuxa explicación radica en moitos factores, entre eles, na seca existente, na falta de prevención por parte da Conselleria do Medio Rural e do Mar, na proliferación de incendiarios, en definitiva, na deixadez por parte do primeiro responsábel na política forestal do noso país, que non é outro que o goberno do Señor Feijóo, a CIG demanda un cambio urxente no eido forestal, unha reorganización do noso monte, uns plans de uso para os nosos parques naturais, en definitiva unha mellor conservación no monte galego que repercuta económicamente na nosa sociedade e, para iso debería obrigatoriamente levar o consenso de todos os partidos políticos representados no Parlamento Galego, en definitiva, co consenso de todo o país galego.

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Luns, 31 Marzo 2025

Modificación RPT Política Social e Consorcio. Comisión de Persoal (27/03/25)

O pasado xoves, 27 de marzo fomos convocados para a Comisión de Persoal onde se tratou a modificación da RPT de Política Social e a do consorcio. Dende a CIG votamos en contra, así como tamén o fixeron o resto de organizacións sindicais con excepción de CSIF que se abstivo, fundamentalmente debido a : Non se tiveron en conta as nosas alegacións presentadas. Créase un posto...
Mércores, 26 Marzo 2025

Boletín CIG-Saúde Laboral nº 59 - marzo 2025

Boletín do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG. Neste número: Riscos psicosociais e saúde mental no traballo: Que son os riscos psicosociais? Que importancia ten o problema? Que se pode facer para previr e xestionar os riscos psicosociais? Prevención e xestión dos riscos psicosociais relacionados co traballo Apoio ao persoal que se enfronta a retos...
Xoves, 27 Marzo 2025

Estase a restrinxir o teletraballo ás bravas?

A prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza funcionaba ata o de agora con relativa normalidade agás a xa endémica opacidade da Xunta e a reiteración do incumprimento da convocatoria das Comisións de Seguimento para que as organizacións sindicais poidamos exercer un control.   Mais nos últimos días están a chegar...