Novas por contido

A CIG solicita información sobre a licitación deste contrato nos termos que se solapan coas funcións propias dos empregados e empregadas públicas.

No DOG do 25/05/2012 sae publicado o anuncio de licitación para a contratación do servizo para o apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes propios do Xurado de Expropiación de Galicia. O valor estimado do contrato é de 346.156,40 € e o prazo de execución de 12 meses, con posibilidade de prórroga.

Consonte á información do prego de cláusulas técnicas, o obxecto é o tratamento dus 5000 expedientes (escaneado e marcaxe, obtención de datos xerais da expropiación, carga de datos, análise, obtención de datos do mercado...) Para iso se demanda como mínimo 1 administrativo/a e 4 persoas con algunha das seguintes titulacións: arquitectura, arquitéctura técnica, enxeñería superior, enx. téc. forestal, enx. téc. agrícola ou licenciado/a en Dereito. Todas elas categorías para as que existen profesionais dentro da propia Xunta e, no caso de ser necesario, listas de contratación.

Vai dúas semanas volviamos denunciar a outra cara da mesma moeda da externalización dos servizos públicos: as encomendas de xestión. Desta volta, atopamos a outra variante coa que a Xunta soe deixar aparacados aos empregados e empregadas públicas nas funcións que lle son propias: as asistencias técnicas. Parece que para iste xeito de entender os servizos públicos non existen tantos remordementos orzamentarios como para facer uso das listas de contratacións públicas

Hai que ter en conta tamén que, desde o punto de vista económica, unha asitencia técnica soe cobrar bastante menos que o peroal propio pero o resultado final da factura é moito maior xa que se atopa unha desmesurada plusvalía para a empresa adxudicataria; unha empresa que, sensu estrito, funciona coma unha ETT. Por outro lado, atópanse as consideracións sobre a lei de protección de datos, xa que se están a manexar datos persoais nos expedientes de expropiación desde unhas mans que son alleas ao deber de sixilo e ao coñecemento da normativa e do funcionamento das Administracións públicas, propio das empregadas e empregados públicos.

Dada a opacidade deste tipo de contratos en canto a que parte delas pode ser realmente desenvolta por persoal propio así como a problemática laboral de indefinicións que se crea sen que se esixa ningún tipo de responsabilidade política ou penal, a CIG-Autonómica solicitou información sobre este proceso de licitación. Entre a información demandada atópase a súa xustificación técnica, na que conste que non poden ser asumidas por medios propios, así como as medidas que se tomarías para evitar futuros problemas de demandas laborais de indefinición.

Non entendemos compatible os continuos recortes sobre os empregados e empregadas públicas co mantemento e potenciación de determinadas figuras de externalización dos servizos púlbicos, non sendo que o que se busque sexa acabar coa figura do empregado e empregada pública para fomentar o negocio cos serivzos públicos e a arbitrariedade na súa xestión. E por suposto, seguimos a reclamar á Xunta a posta en marcha dunha comisión de control para estes casos.

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...