Novas por contido

Ante a vindeira convocatoria do concurso de traslados das escalas de Estatística, infórmanos a Administración que a partir do 28/05/2012, na aplicación informática onde se xestiona a relación de postos as organizacións sindicais poderemos consultar aqueles que se ofertarán no dito concurso. O prazo para presentar alegacións a ditos postos rematará o vindeiro 1 de xuño.

Descargar listaxe de postos

Outras novas recentes

Martes, 09 Setembro 2025

Lumes nunca máis. Participa na mobilización do domingo 14 de setembro!

A CIG-Autonómica chama ao persoal a participar na mobilización nacional do domingo 14 de setembro, para esixir a mellora das condicións laborais e a planificación preventiva no marco das medidas que eviten outra vaga de lumes A manifestación terá lugar en Compostela o domingo 14 de setembro, ás 12:00 horas, e sairá dende a Alameda. O persoal bombeiro e axente forestal, e...
Xoves, 11 Setembro 2025

O conselleiro de Facenda ofrece unha solución para os concursos de traslados pero a restrinxe a un deles. Que pensa facer co resto de con...

Dende a CIG esiximos o compromiso de que a solución de aportar prazas, se estenda a todos os concursos pendentes e non só se aplique ao de enxeñerías, arquitecturas e ciencias. E tamén que se comprometan a non retirar prazas vacantes ofertadas do resto dos concursos non resoltos. O concurso de traslados de enxeñarías, ciencias e arquitecturas, xa está resolto, pero...
Venres, 12 Setembro 2025

A CIG demanda o establecemento dunha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Desde o ano 2010 o persoal empregado público perdeu máis dun 20% de poder adquisitivoA CIG rexistrou esta mañá unha Proposición non de Lei para que o Parlamento de Galiza inste á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado para que presente de inmediato unha proposta lexislativa que estableza unha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, de xeito que os...