Novas por contido

O mércores, 13 de xuño de 2012, realizouse a primeira xuntanza para tratar as bases do concurso de traslado da Escala Superior de Estatística e do Corpo de Xestión da Xunta da Xunta de Galiza, Escala Técnica de Estatística.

Como cuestión previa, con relación á  I.1.a) Participación desde postos LD, solicitamos que a Administración vixíe que non se autoricen comisións de servizos para postos LD inmediatamente despois da resolución do concurso, ao que contestaron que iso non o levan desde a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal; quen se encarga diso é a Subdirección de Xestión e Ordenación de Persoal. Desde a CIG advertimos que imos considerar un fraude a autorización de comisións de servizo posteriores ao concurso en prazas de LDs.

En canto as bases, Función Pública comentou con relación ás nosas alegacións:

  • Base II.2 (postos ofertados en resultas): nas bases poñen a coletilla ... e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura  como unha salvagarda para evitar disfuncións organizativas xa que non coñecen os postos que van quedar para resultas e que nos concursos noutras Administracións xa se contempla desta forma. Din que non é intención deles a de excluír con carácter xeral os postos pero que o poñen por se o necesitan por motivos organizativos. Dixemos que non estamos de acordo xa que pode dar lugar á que a Administración o utilice arbitrariamente.

  • Antigüidade: volvemos a solicitar que se diferencie a puntuación entre servizos prestados na Xunta de Galiza e os prestados noutras Administracións e volven a contestarnos que isto non pode ser así xa que hai unha sentenza que di que non pode haber distintas puntuación entre servizos prestados nunha administración ou noutra.

    Tamén pedimos que se revise a puntuación neste apartado para que teña un maior peso no cómputo global e a persoa representante de Función Pública contesta que en % a antigüidade e o traballo desenvolvido neste concurso teñen un peso aproximado do 20% mentres que por exemplo a formación ten un peso do 14%.

  • Méritos específicos: pedimos que neste apartado a puntuación máxima sexa de 2 puntos e que se valore a 0.10 puntos/ano e a Administración resposta que o vai valorar xa que so sae 1 posto no concurso que teña méritos específicos (aínda que en resultas poida quedar algún mais).

  • Conciliación (Base III.4.3.1. ): alegamos que se reduza á metade a puntuación e que ademais se contemplen outras circunstancias para puntuar neste apartado (localidade dos/as fillos/as escolarizados, que na parella non teñan que ser as dúass persoas empregadas públicas, familias monoparentais....)

  • Formación: Á alegación da CIG, a subdirectora resposta que leva tempo observando que cando bareman os concursos de traslados danse conta que o persoal funcionario ten acceso a suficientes cursos para chegar ao tope máximo da puntuación neste apartado (mesmo o persoal que leva menos tempo traballando) polo que non entenden cal é o motivo polo que as OOSS reclamamos que non se puntúe tanto a formación.  Expuxemos a desigualdades existentes xa non todo o persoal tivo acceso a algúns cursos, e poñemos como exemplo o de xefatura de sección xa que as persoas que tiñan preferencia para realizalos eran aquelas que estaban ocupando os ditos postos.

    En canto a que os cursos puntúen por horas e non por tramos, dín que é un criterio que xa está consolidado e admitido xudicialmente e que ademais cambiar isto suporía un custe de tempo e cartos debido a que habería que cambiar a aplicación informática.

    A Administración contesta, que mentres non exista o catálogo de postos coas función de cada un, teñen que poñer as materias que puntúan, non os cursos.

    En canto á formación específica, responden que non a poden eludir porque aparece na RPT e se non a poñen expóñense a ter sentenzas condenatorias por non contemplar isto.

  • Renuncia: A CIG solicita que se amplíe o prazo para renunciar ao concurso. Función Pública contesta que van a estudar a ampliación do tempo, pero sempre antes de que saia o baremo provisional para que non haxa suspicacias por parte do persoal e non se prexudique a ninguén.

  • Grupo de pertenza do persoal funcionario: desde a CIG pedimos que se reduza a diferenza de puntuación segundo o grupo de clasificación. Función Pública contesta que se pode reducir hasta un límite, xa que hai unha sentenza que dí que unha persoa dun grupo inferior se ten unha titulación superior nunca pode exceder en puntuación á do grupo superior sumando a puntuación por titulación académica e a puntuación polo grupo de pertenza.


A Administración dixo que estudarían as alegacións e que nos contestarían en breve.

Descarga as alegacións presentadas pola CIG o 13/06/2012

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....