Novas por contido

Na xuntanza á que asistimos o luns 11 de maio coa directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) para falarmos da resolución do concurso de traslados de corpos xerais e dos criterios para a elección de destino dos procesos selectivos, a DXEP deu a seguinte información:

  • O prazo para a toma de posesión (concurso e procesos selectivos) podería ir ata mediados de xullo. A incorporación aos postos de traballo non será, segundo a súa previsión, máis aló do 15 de xullo.

En canto á orde de prelación para a elección de destino, a Xunta mantén a súa decisión anunciada unhas semanas atrás (con algún cambio):

  • Dous bloques con criterios diferentes: os que non son de estabilización (1º bloque), e os que son de estabilización (2º bloque)

  • Primeiro bloque: a orde de escolla é primeiro todos os A1 deste bloque, e sucesivamente os seguintes subgrupos; e dentro de cada subgrupo seguirían a orde: 1º funcionarización, 2º promocion interna 2020, 3º libre de 2019, 4º promocion especifica, 5º libre do 22

  • Estabilización: irán a continuación, e escollerían por orde de convocatoria e dentro desta por subgrupo

  • A promocion interna do 2023 non elixirá destino e non din cando o van facer. Insistimos en que se incluíran

Nota: Esta información pode ser ampliada. Para máis información pulsa aquí

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...