Novas por contido
  • A lei que a suprimía permite recuperala no 2013.
  • Esiximos que nos Orzamentos Xerais do 2013 se reflictan as retribucións completas dos empregados públicos referidas a 14 pagas máis o importe integro da paga extraordinaria do nadal de 2012.
  • Non se trataría dun adianto da paga extra de xuño de 2013.


A Lei 9/2012 do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público. que traspón as medidas do RD-l 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competividade, suprimía a paga extraordinaria dos empregados públicos da Xunta de Galiza, pero no seu artigo 1.2.e) dispoñia o seguinte:


As cantidades derivadas da supresión da paga extraordinaria e das pagas adicionais do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes de acordo co disposto neste artigo serán obxecto de recuperación en exercicios futuros, con suxeición ao establecido na Lei orgánica 2/2012, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, e nos termos e co alcance que se determine nas correspondentes leis de orzamentos.

Onte mesmo, a Conselleira de Facenda ven de declarar que o goberno de Feijoo alcanzará os obxectivos de estabilidade orzamentaria non superando o límite do déficit fixado no 1,5% do PIB, declaracións que coinciden coa declaración institucional na páxina da Xunta segundo a cal "Galiza  converteuse na comunidade de referencia no cumprimento da estabilidade orzamentaria". O mesmo argumento manteñen no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Segundo o goberno de Feijoo se están a cumprir as condicións que a Lei 9/2012 que suprimía a paga extraordinaria, esixía para poder recuperala en exercicios futuros. A cuestión queda agora en mans do goberno do Partido Popular que non se pode amparar en ningún impedimento legal xa que a decisión vai ser única e exclusivamente unha cuestión de vontade política.

Dende a CIG-Autonómica esixímos ao goberno que declare publicamente a intención de restaurar o detraído aos empregados públicos nos Orzamentos Xerais do 2013.

Esta mesma semana entregáronse 3500 sinaturas nos Servizos Centrais contra o recorte, organizáronse actos reivindicativos en varias cidades, recolléronse máis de 2 toneladas de alimentos nas concentracións solidarias en Pontevedra e Vigo contra os recortes. Mentres o goberno sega sen dar mostras da súa vontade de facelo, os empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza seguirémonos mobilizando ata conseguilo.


Nota de prensa enviada aos medios

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...