Novas por contido

Despois de levar case 1 ano parado, tras diversas demandas de retomar a negociación, con recollida de sinaturas incluída, o director xeral da Función Pública vén de remitir un borrador de resolución de permisos, vacacións e licenzas. Incialmente a proposta inicial viña con rango normativo de "decreto" e se ben harmonizaba o gozo de permisos, vacacións e licenzas nos diversos departamentos, resultaba bastante limitadora.

Trala publicación dunha resolución equivalente da Secretaría de Estado para as Administracións Públicas, a CIG solicitou adaptar as ditas melloras na Xunta de Galiza. Pois ben, de onte para hoxe, remiten un borrador de instrucións que vai ir a Mesa Xeral do luns, 18 de febreiro, xunto co concurso de traslados dos corpos xerais e a modificación do Decreto de provisión.

Non sabemos se tratan de tapar o tema dos despedimentos ou ben dar un cambio de imaxe de "castigadores" a "negociadores" tralo evidente desgaste político do partido no Goberno. O caso é que as demandas deron o seu froito e que pelexando, consiguense melloras.

Como cousas positivas convén destacar a maioría de aspectos recollidos nas instrucións da SEAP, algunha das casles vese mesmo mellorada: suspensión das vacacións por IT,  6 días de vacacións para coller independentes, 24 e 31 de decembro, compensación de festivos que caian en sábado...  Porén, non recollen o horario de verán, o día de permiso por exames oficiais, obriga de gozar a metade das vacacións  nons meses e verán e non aceptan boa parte das nosas alegacións ao decreto primixenio.

Descargar o borrador

Outras novas recentes

Mércores, 22 Abril 2026

Video da asamblea da CIG por Persoal Non Docente e Cociñas (do 16/04/26)

sBRMCHVIPWw A CIG-Autonómica pon á túa disposición o video da asemblea telemática do pasado 16 de abril de 2026 por un Acordo de condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e pola profesionalización das escalas de cociña. A asemblea foi telemática, transmitida en directo por YouTube. Ten unha duración de unha hora e 31 minutos. Durante o seu...
Xoves, 30 Abril 2026

Convocatoria oposicións Condución (C1 e C2) e Mantemento (C1 e C2) (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos a unha Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, na que se van tratar as seguintes convocatorias de procesos selectivos de acceso libre e promoción interna: - C1-Mantemento de servizos (6 prazas, da OEP 2024). Descargar- C2-Aux. de mantemento (20 prazas, das OEP 2024 e...
Venres, 24 Abril 2026

Actualización provisional de méritos do ano 2025 das listas de substitucións da Xunta

No DOG do 24/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2025 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de...