Novas por contido

O día antes de aprobarse no Consello da Xunta do 31 de marzo, e cando o ruxe-ruxe xa levaba máis dun mes circulando na prensa, a secretaría xeral da Consellaría de Presidencia e máis o director xeral da Función Pública reuníronse coas centrais sindicais para dar unhas breves pinceladas do programa Kronos. O dito programa ten como obxectivo a acreditación dixital do empregado público que permitirá o control horario universal e homoxéneo, a flexibilidade horaria e a implementación do teletraballo.

Neste proxecto están involucradas a Secretaría Xeral da Consellaría de Presidencia, a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, a Dirección Xeral de Función Pública e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Coméntanos que existen dificultades tecnolóxicas e que a implementación total non se fará efectiva ata finais de 2012. Os avances serán progresivos e irán facendo puntuais experiencias piloto nalgúns centros (sen citar exemplos). Para a súa entrada en vigor resultará imprescindible o desenvolvemento de certa normativa.

Continúa o director xeral da Función Pública citando a lexislación na que basean o cambio (Lei 59/2003 de sinatura electrónica e 11/2007 de administración electrónica). Está tarxeta será para todo o persoal dependente da dirección  xeral de Función Pública (persoal non docente de centros educativos incluído),  da Dirección Xeral de Xustiza e mesmo o persoal de empresas públicas e outros entes da administración.

A futura tarxeta, que substituirá a actual, será criptográfica (levará un certificado dixital de cada empregado público)  e que máis aló do control horario e da solicitude de permisos e vacacións, permitirá a correcta implantación da flexibilidade horaria  e o teletraballo, relacionado todo isto coa implantación da tramitación e administración electrónica, ademáis de ter un sistema de aproximación para permitir acceso a determinadas zonas fóra do uso público.

Facilítanos o seguinte cronograma:

  • 2º trimestre 2011: emisión das novas tarxetas e experiencia piloto.

  • 3º trimestre 2011: implantación dos criterios de flexibilidade horaria

  • Outubro 2011: Novo Decreto de permisos, vacacións e licenzas (negociación en xuño, xullo, setembro)

  • (Progresiva implantación tecnolóxica)

  • Setembro de 2012: Novo Decreto de xornada horaria, flexibilidade e teletraballo.

Desde a CIG-Autonómica valoramos positivamente que se poida facer máis real a conciliación da vida familiar, persoal e laboral coa implementación da flexibilidade horaria e máis do teletraballo, a parte de potenciar a administración electrónica. En canto ao punto máis polémico, non estamos en contra do control horario pero  nos parece oportunista a medida diante de todo o que está a caer contra a imaxe do empregado público e que son moitos cartos para gastar nesto (770.000€) coa situación económica actual. Un gasto que se podería ter minimizado de contar con medios propios.

Outras novas recentes

Mércores, 12 Novembro 2025

Convocadas as Mesas para a negociación da Carreira Profesional (14/11/25 MS e MX)

Vimos de ser convocados para Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público e Mesa Xeral para o vindeiro venres 14 de novembro onde a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal trae: Anteproxecto de decreto polo que se aproba o regulamento do sistema de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e laboral da Xunta de...
Xoves, 06 Novembro 2025

MSF 11/11/25: promoción interna a PSX e acceso libre a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2), psicoloxía e auxiliar de clínica

A Dirección Xeral de Emprego Pública convocounos a unha Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios/as para o martes 11, na que se tratarán os seguintes procesos selectivos: Acceso libre a: Corpo superior-A1 Corpo de xestión-A2 Corpo administrativo-C1 Corpo auxiliar-C2 Especialidade de psicoloxía-A1 Escala de auxiliares de clínica-C2 Promoción interna a: Persoal de...
Martes, 11 Novembro 2025

Caos nas nóminas do persoal do Consorcio

A Consellaría debe cesar xa ao xerente do Consorcio ante a nova desfeita: seguimos sen ninguén na ponte de mando e case sen tripulación O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir axeitadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi...