Novas por contido

Os orzamentos do estado para o ano 2014 xa están enriba da mesa e, xunto coas declaracións ante a prensa do Presidente da Xunta, amosan un mal escenario para as empregadas e empregados públicos, especialmente para os galegos e galegas.

Por resumir os orzamentos do estado para o 2014 en dúas liñas moi por riba: non incrementarán as retribucións do 2013, e haberá que eliminar todas as prazas que queden vacantes por xubilación do seu titular.

En Galiza a cousa é pior: sendo de aplicación no noso País o anterior por ser norma básica do Estado, o máximo responsábel do PP galego e Presidente da Xunta afirmou na prensa que manterían as condicións do 2013, o que supón que as empregadas e empregados públicos galegos soportarán a sobrecarga de perder unha parte das pagas extraordinarias, algo que só ocorre en Galiza e nalgunha outra contada administración.
 

Amortización de vacantes

Para o 2014 manteñen, un ano máis, a tasa de reposición de efectivos no 0%. Esto é, que as xubilacións que se xeneren non poden ser cubertas, senon eliminadas. Esto afecta a todos aqueles postos que non teñan que ver coa docencia, forzas e corpos de seguridade, forzas armadas, incendios, sanidade, e algunhas inspeccións (fraude fiscal, laboral e de seguridade social) ..

As consecuencias son moitas:

  • Redución de postos fixos.
  • Non cobertura mediante persoal temporal.
  • Incremento das cargas de traballo.
  • Aumento dos tempos de tramitación das solicitudes e resolucións.
  • Diminución dos efectivos que atenden aos cidadáns.
  • Nalgúns casos, o emprego público será substituido por emprego privado.

No 2013 tivemos exemplos abondos de privatizacións (comedores escolares, servizos informáticos, extinción de incendios, ...), pero o máis curioso foi o da Intervención Xeral da Seguridade Social. Este órgano da Administración do Estado sufriu unha redución de efectivos de tal maneira que chegaron ao punto en que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicou unha Orde na que “xustifica a contratación con empresas privadas de auditoría” por “insuficiencia de medios”.

Na Administración de Galiza tamén o vemos continuamente. Por poñer dous exemplos, están en trámite as relacións de postos de traballo das consellarías de Medio Ambiente e de Presidencia. Na primeira amortizan un importante número de postos (50), pero non lles chegan, polo que xa nos anunciaron que están pendentes da resolución dos concursos de traslados para amortizar as prazas vacantes da primeira fase retirandoas da fase de resultas. Na segunda consellaría eliminan máis de 100 prazas, moitas delas ocupadas con persoal temporal que irá á rúa.

Máis consecuencias desta política de eliminación de traballo público foron o incremento das horas de traballo semanal (programa kronos), a non compensación mediante tempo de descanso das horas extras, a redución dos días de permiso, .. Todo xunto suma para incrementar a carga a uns/unhas e o despedimento de outros/as.

 

Conxelación salarial

Sendo norma básica no estado, o goberno de Rajoy obriga a todas as empregadas e empregados públicos a que no 2014 non poidan ver incrementadas as súas retribucións.

Recoñecemos as circunstancias de crise, pero non as aceptamos: nosoutros non nos levamos o diñeiro roubado, non nos beneficiamos das vacas gordas, levamos dúas décadas perdendo poder adquisitivo, vai ser unha nova conxelación sobre a redución do 2010, pasan continuamente por diante do noso fouciño as contratacións millonarias con empresas privadas (inclusives as campañas de propaganda nos medios de comunicación), e porque non poden pedirnos a nosa bendición cando utilizan o diñeiro dos cidadáns para rescatar bancos e especuladores.

 

Feijoo o austero

Se este é o panorama imposto polo goberno de Rajoy, en Galiza o goberno de Feijoo da un paso ao fronte: cínicamente se atreve a anunciar na prensa, por se cola, que no 2014 non nos van recortar máis, esquecendo que no noso País, a diferenza doutras administracións, estamos a soportar un plus de “austeridade” pois a nosoutros si nos retiraron unha parte da paga extra no 2013, algo que non ocorreu, por exemplo, na administración do estado.

No 2012 (campaña eleitoral) dixera o señor Presidente da Xunta que "Yo a los funcionarios no les voy a pedir más esfuerzos desde el punto de vista retributivo. Ya han hecho bastante" . Pero nos orzamentos do 2013 meteu o condicionante de que (segundo cálculos) non recuperaríamos a extra ata o 2019 ou 2020.

Non aceptaron, sequera, unha emenda que garantizaba que no caso de producirse algún recorte no estado, o recorte de Galiza quedaría compensado en vez de sumar os dous recortes.

 

Resposta

O panorama non é bo. Teñen o poder que lles deron os cidadáns cos seus votos e que lles permite lexislar con maiorías absolutas e executar as normas que eles deciden.

Pero ese poder das maiorías non impide que manteñamos o noso dereito a protestar, patalexar, berrar, denunciar, informar.. Teranos en frente.

Outras novas recentes

Venres, 15 Novembro 2024

A CIG-Autonómica dá por rematada a súa presenza en X-Twitter como rexeitamento á alianza fascista Trump-Musk

A decisión vén motivada polo apoio incondicional do dono desta rede social, o magnate Elon Musk, a TrumpA “victoria” de Donald Trump e o apoio millonario de Elon Musk á súa reelecciónDonald Trump vai tomar posesión como novo presidente dos Estados Unidos de América o 20 de xaneiro de 2025, despois de gañar de novo as eleccións á Casa Branca o martes 5 de novembro, cunha...
Venres, 22 Novembro 2024

A Xunta de Galiza segue a detruir postos de traballo, desta vez tocoulle a Medio Rural...

Na xuntanza do pasado 19 de novembro presentan a amortización de 16 prazas, fronte á creación de 8 na RPT da Consellería de Medio Rural, afectando sobre todo aos “postos de abaixo” Nesta RPT, da que non se acompaña memoria económica, máis que segundo os cáculos da CIG supoñen un diferencial de 358,000 euros, é a primeria vez na que se amortizan as prazas de Xefe/a...
Venres, 22 Novembro 2024

Probas físicas nos procesos do SPIF: a Xunta no canto de informar a lía parda

O día 21/11/2024, a Dirección Xeral de Emprego Público colgou unha nota informativa na súa páxina web sobre a proba física de varias categorías dos procesos do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais SPIF). Dado que esta nota é incompleta, xera dúbidas e dela se poden derivar graves consecuencias, dende a CIG vimos de reclamarlle hoxe á DXEP que con...