Inicio
Venres, 10 Abril 2026

Persoal Non Docente e Cociñas: Asemblea aberta, mércores 15/04/26

A CIG convoca unha asemblea aberta a través de internet para tratar as condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral.

Debateremos unha proposta de Acordo de dereitos laborais, e falaremos das accións de loita que podemos seguir.

Vai ser o mércores 15 de abril, ás 18:00 horas, a través de https://i.gal/pnd150426

A transmisión será en directo a través de Youtube. Durante o evento estará activo un chat para que poidas intervir.


Venres, 10 Abril 2026

Benvidos á loita do persoal non docente dos centros de ensino!

A publicación do comunicado de Comisións Obreiras segue o camiño impulsado pola CIG  e confirma a necesidade dunha resposta sindical unitaria ante o desleixo da administración co persoal non docente. Estamos ante unha oportunidade para reforzar a presión colectiva, é o momento de acadar un acordo de dereitos laborais XA!

A CIG, xunto co persoal de administración e servizos que traballamos nos centros de ensino levamos mobilizándonos máis dun ano para esixir a apertura dunha mesa de ...


Mércores, 08 Abril 2026

Campaña da Renda 2025 para persoas afiliadas á CIG

Como todos os anos, durante a campaña de realización do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) desde a CIG ofertamos o servizo de realización das Declaracións da Renda a todas aquelas persoas afiliadas que teñan as cotas ao día.

A campaña da renda deste ano comeza o día 8 de abril 2026 rematando o 30 de xuño 2026. Para solicitar cita podes facelo por dúas vías:

1. Vía web

Accedendo mediante a ligazón https://oficina.cig.gal/renda

A solicitude sempre se fará cos datos da persoa ...


Martes, 07 Abril 2026

Despropósito nos postos ofertados na elección de destino de Axentes Técnicos Ambientais

A Dirección Xeral de Emprego Público volve demostrar unha xestión caótica e irresponsable na oferta de postos para a toma de posesión

Dende a CIG-Autonómica denunciamos que se ofertan só 98 postos, exactamente as persoas aprobadas (96 acceso libre B + 2 estabilización C1), cando no concurso previo quedaron 123 postos vacantes, deixando sen cubrir 49 postos reais. Xa que inclúen 24 postos que non pasaron polo concurso de traslados —mesmo un de axente territorial— distorsionando completamente ...


Martes, 07 Abril 2026

A CIG urxe aumentar o teletraballo ante a crise enerxética provocada pola guerra

Esiximos a aplicación inmediata do réxime excepcional de teletraballo ante a situación actual, marcada pola suba dos combustibles e da cesta básica

A guerra no Oriente Medio, tras os ataques militares de Estados Unidos e Israel contra Irán, e as súas consecuencias sobre o mercado enerxético internacional, co bloqueo do estreito de Ormuz, xa están a ter efectos directos en todos os sectores produtivos, máis alá do custo de encher o depósito. A isto súmase a liberación de reservas estatais de ...


Mércores, 01 Abril 2026

Que doado é retirar postos do concurso de escalas sociais no canto de buscar solucións

O día 27/03/26 saíron publicadas no DOG as puntuacións provisionais das persoas participantes no concurso de escalas sociais (F0525).

E como agasallo, xunto coas puntuacións, a DXEP retira do concurso 25 postos vacantes (1 de auxiliar de clínica, 1 de educador/a social, 1 de terapeuta ocupacional, 2 de médico/a, 11 de psicólogo/a e 9 de traballador/a social).

Ese mesmo día, na Mesa sectorial de persoal funcionario a CIG pediu explicación á directora xeral e esta non se dignou a contestar ...


Xoves, 26 Marzo 2026

A saúde pública non pode esperar: vacantes sen cubrir, comisións bloqueadas e restricións de teletraballo sen sentido en Ourense

A CIG mantivo o pasado mércores 18 de marzo unha reunión coa directora territorial de Sanidade e o xefe de persoal para abordar o teletraballo, a falta de persoal e a situación de distintos servizos.

Teletraballo

Trasladamos a queixa do persoal pola limitación a un único día semanal, unha decisión difícil de entender cando o Acordo vixente permite até o 50% das xornadas e cando a maioría dos postos desenvolven funcións administrativas e técnicas que se realizan de maneira dixital

A ...


Xoves, 26 Marzo 2026

O PLADIGA 2026 mantén conxelado o persoal propio e afonda na externalización do operativo de alto risco

A Xunta non aumenta persoal para a extinción de lumes

O PLADIGA 2026 non incorpora ningunha praza nova de persoal propio da Xunta para a extinción de lumes no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Mantén exactamente os mesmos efectivos que en 2025: 276 brigadas de terra e 12 brigadas helitransportadas.

Nin máis persoal técnico, nin bombeiro, nin emisorista-vixiante, nin axentes de investigación (UIFO) ou directores técnicos de extinción. O único incremento de persoal propio ...


Martes, 24 Marzo 2026

Aproban o novo PLADIGA 2026 sen negociar, una ano máis

A Xunta impón un novo PLADIGA 2026, tras un 2025 marcado polo conflito, o incumprimento de acordos e o caos na xestión da vaga de lumes

Na CIG-Autonómica denunciamos que a Xunta de Galiza volve actuar de maneira unilateral, aprobando e anunciando o PLADIGA 2026 (Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza), sen negociación previa e ignorando completamente á representación do persoal que traballa nos lumes.

Esta decisión prodúcese, ademais, tras un ano 2025 marcado polo ...


Martes, 24 Marzo 2026

Onde están as 35 horas na Xunta? Oito anos sen avances

Coa Administración Xeral do Estado a piques de pechar a implantación das 35 horas, na Galiza seguimos nas 37,5 semanais. A Xunta tivo desde 2018 capacidade legal para reducir a xornada, pero nin o fixo nin o acordo de concertación de 2019 incorporou medidas reais.

Nós, o persoal da Xunta de Galiza, seguimos nas 37,5 semanais. Non é unha cuestión legal, é falta de vontade política.

Un marco que permitía avanzar, pero non obrigaba

O Acordo estatal de 2018 abría a posibilidade de que cada ...


Mércores, 18 Marzo 2026

CIG denuncia á Consellería de Política Social diante a Inspección de Traballo

A Consellería de Política Social incumpre a Lei de prevención de riscos laborais. Na Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS), as traballadoras embarazadas das escolas infantís de cero a tres anos están sometidas a un risco biolóxico inaceptable.

As empresas e institucións con persoas empregadas a cargo teñen que protexer aos seu cadros de persoal ante os riscos derivados do traballo

Cando non existen no servizo postos exentos de risco para o embarazo, a empresa, neste caso a Consellería ...


A Consellaría de Educación seguiu para diante co seu afán destructor e privatizador: botou á rúa a unha cociñeira que viña elaborando os menús das nenas e nenos desa comarca da montaña luguesa, pechou a cociña e substituíu unha comida elaborada alí mesmo por outra elaborada no CPI de San Román de Cervantes e que ten que ser transportada durante media hora. Todo en aras da eficiencia, a mellora da xestión e a austeridade.

Vexamos os datos:

A cociñeira que despediu a Consellaría de Educación costáballe anualmente á administración 16.371,60 € de soldo + 5.140 € de cotización á Seguridade Social. Total: 21.511,60 €

O contrato, publicado na Plataforma de Contratos Públicos da Xunta de Galicia o 06/09/2013, para o “Transporte dos menús elaborados nas cociñas do CPI de Cervantes ata o comedor do CEIP Ponte de Doiras (Cervantes, Lugo) e outros servizos complementarios durante o curso 2013-2014”, realizado baixo a modalidade de contrato negociado sen publicidade, cóstalle á administración 24.957 € + IVE (5.241 €). Total: 30.198 €

O obxecto do contrato é o “transporte dos menús elaborados nas cociñas do CPI de Cervantes ata o comedor do CEIP Ponte de Doiras, a colocación das mesas do comedor e a distribución e o servizo dos menús aos comensais e os labores de recollida e limpeza do material empregado e das dependencias do comedor”, labores que realizaba a cociñeira despedida e “as tarefas de atención e coidado do alumnado durante os tempos que median entre a saída da última clase e a súa entrada no comedor, e o retorno á súa casa ou a súa incorporación á primeira clase vespertina”, que realizaba o persoal docente do centro.

É un exemplo que deixa meridianamente clara a mentira do menor custo dos servizos prestados polas empresas privadas. En canto á calidade non é necesario cabilar moito para enteder a diferencia entre unha comida servida no momento da súa elaboración e outra transportada durante máis de media hora.

As mentiras repetidas constantemente poden chegar a crerse, pero a realidade é teimuda. O Partido Popular minte para xustificar o desmantelamento dos servizos públicos e a súa privatización, para darlle negocio aos amigos a consta dos cidadáns e das cidadás.