Novas por contido

Ao redor de 200 traballadoras e traballadores públicos concentráronse en San Caetano para pedir a devolución da parte devengada da paga extra de 2012 baixo o lema "Feijóo, paga o que debes"

Nin este temporal de vento e choiva é capaz de parar as reivindicacións do persoal traballador público da Xunta de Galiza reclamando que a Xunta acate as diferentes sentenzas que están xurdindo recoñecendo o cobro da parte devengada da extra de 2012. Reclamaron que desde a Xunta non se faga máis xogo político cos seus dereitos, escurrindo a execución das sentenzas máis aló das eleccións europeas. E iso a pesar do custo económico no que vai meter á cidadanía polo incumprimento destas sentenzas.

No medio da inmensa choiva e do vento, as empregadas e empregados públicos alzaron a súa voz para que se escoitase no Consello da Xunta de Galiza que se estaba celebrando neses momentos a escasos metros de distancia. Consignas como “Feijóo, paga o que debes”, “Quen recorta e privatiza, ten as contas en Suíza”, os máis clásicos de “Mans arriba, isto é un atraco” e “A Xunta de Galiza, recorta e privatiza”, retumbaron na entrada do edificio dos espellos, onde os concentrados procuraban obter un pouco de refuxio.


Menos frío e menos humidade que de seguro sentiron as conselleiras, conselleiros e o presidente da Xunta, pero escoitar si que escoitaron o minuto de ruído co que rematou a concentración, con sereas antincendios do edificio que soaron de xeito solidario.

De seguido, un pequeno grupo de delegadas e delegados sindicais, acompañado dalgúns traballadores, presentaron un escrito no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza para reclamar ao Goberno da Xunta que acate as sentenzas e, sobre todo, que deixe de gastar os cartos públicos  e os recursos da cidadanía en recorrer todas e cada unha das sentenzas para tentar evitar o inevitable, que nos reintegren a parte devengada da paga extra do ano 2012.

Esta concentración xirou hoxe arredor desta reivindicación concreta, pero non foi máis ca un outro paso cara a reconquista dos nosos dereitos económicos e laborais que nos están roubando. Por outro lado, fíxose fincapé na defensa duns Servizos Públicos Galegos e de Calidade e contra as privatizacións que logo enchen portadas con escándalos de corrupción. Se hoxe co tempo como estaba estivemos aí, como isto non se amañe, verémonos de novo, escampe ou non.

 

{phocagallery view=category|categoryid=18} 

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...