Novas por contido

Desde a Xunta de Persoal dos servizos centrais impulsáronse varias cuestións relacionadas coa accesibilidade, mantemento e servizos comúns dos diferentes centros dos servizos centrais da Xunta de Galiza. A meirande parte fican parados por cuestión orzamentarias, outros porque hai que estar continuamente enriba para que conseguir pequenos cambios.

Aparcamento San Caetano

O aparcamento a cuberto que ten a Xunta en San Caetano contratado só conta con 400 prazas e os problemas para aparcar polos arredores son evidentes para as traballadoras e traballadores de San Caetano pero tamén para o resto do persoal doutros centros dos servizos centrais que teñen que vir a San Caetano por cuestións xerais, sindicais, de persoal, servizo médico, etc.

Temos queixas de traballadoras e traballadores públicos que se lle desactivou a tarxeta mentres persoal que non é Xunta fai uso gratuíto. Solicitamos criterios de uso e acceso a este aparcamento.

Aparcamento vetado no exterior diante de Facenda

Insiste a Xunta que non está vetado unicamente por unha cuestión exclusivamente de que entra e sae o presidente pola porta grande de Presidencia. O libramento de prazas que conseguiu a xunta de persoal no 2012 di que se fixo contra a recomendación policial que cedeu en parte pero insiste en manter a zona de seguridade actual. Do informe policial falan de: aparcamento de vehículos policiais, manifestacións, posibles actos terroritas e punto de encontro da evacuación de emerxencia do edificio. Solicitamos o dito informe.

Control de acceso de Facenda que pecha ás 15:30

Coa entrada en vigor da Orde de flexibilidade amorease a xente na saída contra as 15:30h antes de que peche e, en moitos casos, hai que dar toda a volta ata a saída da estación de autobuses. Comentan que resulta case imposible manter aberto o control de Facenda toda a tarde co recorte da contrata da seguridade privada. Instamos a busqueda de alternativas para ampliar o horario da porta, canto menos, ata as 16:00h para facilitar a saída e que a xente non ande ás carreiras.


Esvaróns nas entradas de San Caetano

Nas entradas de Educación e Facenda para cumprir coas indicacións de avaliación de riscos instalaron pasamáns pero faltan as alfombras nas entradas para secar os pés e non ir mollando todos os corredores. O da instalación do líquido para non esvarar vanno meter nos pregos da próxima contrata da limpeza (...)


Deficiencias no mantemento no edificio de San Caetano

A Xunta di que lles preocupa moito e que cando vexamos algunha deficiencia que avisemos a Mantemento ou a Oficina Técnica, referido esta recomendación para calquera traballadora ou traballador. De todos os xeitos, din que fan roldas de inspección pero na realidade son moi difíciles de manter co recorte de persoal técnico. Destacase o mal estado xeral do edificio, sobre todo agora coa auga e as humidades. Van facendo apaños pero moi timidamente.


Estado dos firmes de San Caetano e San Lázaro

En San Caetano máis que o firme, faise referencia á petición de bandas reductoras de velocidade e repintado dos pasos de peóns, liñas amarelas e prazas de aparcamento de persoas con discapacidade. Van repintar e pode que instalen bandas reductoras no punto de cruce da porta de Facenda á garita de acceso, dada a velocidade elevada a que circula algún vehículo polo interior.


En San Lázaro destacamos as fochancas que parecen propias dun escenario bélico post-bombardeo. Quedaron en miralo e din que cando deixe de chover van facer diversas actuacións: volveran a tapar os buracos, asfaltar a rampa de acceso ao aparcamento de enfronte da entrada de Traballo e prohibir o aparcamento na rotonda do IGE ou a dobre circulación entre Medio Ambiente e Montes polos problemas que ocasiona. Aquí fixose fincapé na necesidade de facer un arranxo máis pensando a longo prazo que un rebacheado que aguanta ata a próxima época de choivas. En todo caso, hai un par de fochancas que precisan dunha intervención urxente.


Máquinas de café

Houbo denuncias da calidade da auga, limpeza e demais; o das formigas din que foi un tema puntual e xa está solucionado. Insistimos en colocar en cada máquina un rexistro de cando se limpa. Por outro lado, destacamos a baixada da cantidade do café nas máquinas expendedoras; mantiveron os prezos si, pero baixaron a cantidade (deberíano ter en conta nos pregos).


Salas de repouso e lactación

Consonte a Lei galega de Igualdade a Administración debera facilitar que as traballadoras embarazadas e mulleres lactantes teñan a posibilidade de descansar tumbadas no lugar apropiado, así como lactar ao seu fillo ou filla con tranquilidade, e máis en centros administrativos con espazo dabondo. A realidade é que soe gozarse o permiso de lactación todo seguido pero sí que tivemos demanda de varias traballadoras dun sitio onde poder descansar tumbadas nun lugar apropiado, sen ter que poñer os pes enriba da mesa diante de todo o mundo para aliviar as molestias propias da gravidanza.

Outras novas recentes

Luns, 20 Xullo 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de educación infantil e auxiliar coidadores

No DOG do 20/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos,...
Mércores, 15 Xullo 2026

Concurso Específico de persoal técnico de Medio Rural: a crónica dun concurso á carta

O martes 14 de xullo, discutimos con Medio Rural a súa proposta de Concurso Específico para os postos de xefaturas de distrito forestal. Constatouse unha máxima da moi rica e variada gastronomía galega: igual que temos caldo de repolo, de nabizas ou de grelos coas miles de variantes comarcais e incluso familiares, a Xunta pretende emulala nos concursos específicos.  O...
Luns, 20 Xullo 2026

Altas temperaturas no SPIF

Hidratación, avituallamento e medios de apoio A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor. A SITUACIÓN Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa...