Novas por contido

O xoves, 6 de marzo, tivo lugar unha xuntanza previa á Mesa Xeral sobre a modificación da RPT da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, AAPP e Xustiza e tamén da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

A consellaría xustifica a reforma da súa RPT para para corrixir erros que quedaron da anterior RPT da consellaría de Presidencia e aproveitan o feito para crear unha praza de Secretario/a da Delegación da Xunta en Montevideo (LD, nivel 28), para o cal non hai "contención de gasto". Para conseguir o crédito orzamentario amortizan 3 postos de traballo máis que se suman ao cento de postos de traballo que xa desbrozaron na anterior reforma (DOG 24/01/2014). De feito, foi tal a ansia amortizadora que teñen agora que volver crear un posto de conductor/a que din que amortizaron por erro.

Amortizacións

Un posto de conductor/a, outro de telefonista e outro de limpador/a, pasan a engrosar as máis de 100 amortizacións que ese consellería fixo a final do ano pasado. A desfeita nesta consellaría é brutal e parece non haber ningún tipo escrúpulo á hora de destruír e demoler emprego público e, neste caso, co agravante de conseguir crédito para un posto de comisario político conseguidor de votos no exterior.

Formación específica

Desdoblan o mérito de formación de 9 seccións e un negociado en experiencia e coñecemento. Semella unha nova forma de perfilar un pouco máis os postos no mal sentido xa que a "experiencia" ten unha xustificación demasiado subxectiva. Solicitamos que retiren ese novo mérito e recordamos a obrigatoriedade da Xunta de formar ao seu persoal, algo obxectivamente acreditable.

Aperturas a outras Administracións

Abren dous postos de LD a persoal funcionario do concello (vicesecretario/a da consellaría de Presidencia e secretario/a de Delegación da Xunta en Bos Aires) e para compensar pechan tres seccións abertas a persoal funcionario do Estado, outras comunidades e concellos (A12) a persoal funcionario Xunta (AXG).

Outras modificacións

Hai un cambio de grupos de A1-A2-C1 a A1-A2 para o posto PRC020000515770071 e PRC020000515770072 Xefatura de Sección I e II, respectivamente. Este cambio realizase debido á sentenza 49/2014 e afectou a resolución definitiva do concurso de traslados de corpos xerais.

Existen tamén varios cambios de denominación de postos e actualizadción do complemento específico de diversos postos que ficaban desactualizados. Tamén retiran a observación de "ocupado por persoal laboral indefinido non fixo" a un posto logo da toma de posesión no úlitmo concurso por persoal laboral fixo.

Poucos cambios na AGASP

Dous cambios de denominación en dous postos nos que se aproveita para introducirlle unha titulación a un e méritos a outro. Hai unha creación dun posto de persoal laboral do grupo II en virtude de sentenza xudicial. Nin se identifica persoas responsables, nin se tomaron medidas, nin houbo ningún cesamento. Por outro lado, eliminouse a figura de Dirección desta academia, que desempeña a persoa titular da Dirección de Emerxencias e Interior, porén aparece a figura de Secretario/a Xeral que non se inclúe en RPT; eliminan un cargo directivo pero crean outro.

Outras novas recentes

Mércores, 01 Outubro 2025

RPT de Medio Rural e RPT da administración especial para poder finalizar o concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

O venres 26/09/2025 celebrouse a Comisión de Persoal onde se levaban dous asuntos,   RPT de Medio Rural Estamos en contra dunha modificación de RPT na que se amortizan 14 postos de traballo para crear 7. Sen os postos derivados do decreto de estrutura temos que se destrúen 7 postos para crear 2 e para financiar a inmoral e insolidaria suba do complemento específico dos...
Mércores, 01 Outubro 2025

Concurso de traslados de enxeñarías, arquitectura e ciencias: apertura do prazo de toma de posesión

No DOG do 01/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma...
Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...