Novas por contido

En plena “racionalización do gasto público do persoal propio”, ao Goberno da Xunta non se lle ocorre mellor cousa que crear un posto de libre designación en Montevideo dos máis caros. Para conseguir o crédito orzamentario amortizan 3 postos base (conductor/a, telefonista e limpador/a) que se suman aos máis de 100 postos de traballo que xa eliminaron nunha recente reforma anterior (DOG 24/01/2014).

Por se fóra pouco, esta creación de secretario/a de Delegación da Xunta no exterior únese ao xa existente en Bos Aires e en ambos postos realizan a modificación substancial de permitir a súa cobertura por persoal funcionario dos concellos.

Curiosamente, mentres se eliminan postos de traballo a eito na nosa terra, na memoria funcional presentada pola Consellaría de Presidencia argumenta que se “fai imprescindible a creación do posto de Secretario/a da Delegación da Xunta en Montevideo”.

O perfil do posto deixa entrever que a creación ten nomes e apelidos: un posto de libre designación que se abre a persoal funcionario dos concellos no que se valora como mérito a licenciatura en dereito e a experiencia en xestión económica, entre outros. Porén, estes méritos non resultan ningunha limitación cando estamos a falar dun posto que se cubre a dedo, o único requisito é ser persoal funcionario de algunha Administración pública.

Esta manobra está na liña de política de persoal levada a cabo polo Goberno actual da Xunta de Galiza que amortiza postos que se cubren por criterios obxectivos e de niveis inferiores e segue a manter (cando non aumentar) unha megaestrutura dos postos que se cubren a dedo e que resultan máis caros. Deste xeito, e baixo a xustificación de falta de persoal que desenvolva o traballo diario, privatiza os servizos públicos que ata vai pouco eran realizados por persoal propio. O que vemos que non privatiza son os postos “a dedo” que en moitas ocasións utiliza con fins políticos, cando non, como axencia de colocación.

Resulta inxustificable que nunha época de brutais recortes sobre os servizos públicos e sobre os postos que os fan posibles, veña agora o PP e atope 50.000€ ao ano para pagar un posto de comisario político para captar votos no exterior. Esta cantado, ademais, que este posto de “diplomático” vai para algunha persoa politicamente afín que vai vir da Administración local.

*Custo anual do posto: 38.849,20 € brutos/ano (sen antigüidade) + 30% gastos sociais: 50.503,96€

Outras novas recentes

Martes, 04 Novembro 2025

Poucos avances na comisión de seguimento Gardacostas

Na comisión de seguimento abordouse a modificación de horarios con escasos avances, pero co compromiso de avanzar na mellora das condicións laborais e na xubilación anticipada do persoal. Na xuntanza celebrada o 3 de novembro de 2025 a Consellería do Mar comprometeuse a colaborar no procedemento iniciado pola CIG en abril do 2024 en base ao Real Decreto Lexislativo 8/2015,...
Luns, 27 Outubro 2025

Sentenza histórica! O Supremo obriga a incluír nas pagas extras as gardas, nocturnidade, domingos e festivos

A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos. O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou...
Luns, 27 Outubro 2025

Manifestación do SPIF o 30 de outubro: a mobilización funciona!!

Seguimos adiante na loita aínda que CCOO, UGT e CSIF intenten deixar vendido ao persoal do Servizo de Incendios Forestais Denunciamos a actitude desleal e irresponsable de CCOO, UGT e CSIF, que solicitaron DESPOIS DA CONVOCATORIA DA MANIFESTACIÓN, unha reunión coa Consellería do Medio Rural excluíndo a representación maioritaria do persoal. Esta manobra, xusto antes da...