Novas por contido

Luns 20 de xaneiro, nova Comisión de Persoal, onde os responsábeis políticos da administración executan unha nova destrución de emprego público, nesta ocasión repartida entre o Instituto Galego de Estatística (IGE) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia. En total son 112 postos destruidos, 6 no IGE e 106 na Consellería de Presidencia.

A proposta de modificación da RPT do IGE so ten dous elementos: destrúen 6 postos de traballo e establecen a dispoñibilidade horaria a unha xefatura de sección de habilitación co conseguinte incremento de complemento específico. Todos os sindicatos votamos en contra.

En canto á modificación da RPT de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, abondan os motivos para opoñernos.

  • Unha enorme destrución de emprego, 106 postos, algúns por adaptación da estrutura, outros para cumprir coas restricións orzamentarias que decidiron os parlamentos galego e do estado. Os gobernos do PP en Compostela e Madrid teñen a capacidade de mudar as normas, polo que a CIG non apoia a destrución de emprego público que se autoimpoñen.
  • Rexeitamos a figura do "concurso específico" para a cobertura de determinados postos (por exemplo, seccións de habilitación). Esta figura, inda sen normas claras, vai supoñer unha nova barreira á promoción profesional, a camiño entre o concurso de méritos e a libre designación.
  • Exceso de postos de libre designación (xa non so os servizos, senón que o estenden a moitas seccións, áreas, ..)
  • Non queremos a apertura de postos a outras administracións sen que exista reciprocidade. Por riba, tan so abren postos de libre designación e por tanto, a mobilidade que defenden, so serve a quen teña padriños.
  • Non queremos méritos específicos nos postos, tales como experiencia ou coñecementos. Para algo existe a EGAP, así que a CIG demanda que a usen para o que é, formar ás empregadas e empregados públicos.
  • O concurso específico, o exceso de libres designación, a apertura de postos a outras administracións, todo xunto amósanos que os responsábeis políticos da Administración non confían nos seus empregados independentes que obteñen os postos por concurso, ou non ven capacitado ao seu propio persoal e botan man doutras administracións.
  • A consellaría ten persoal de limpeza contratada por dúas e por catro horas. Non se dignan nin a respostar da solicitude de ampliar a xornada laboral deste persoal. Pero a limpeza hai que facela, así que veremos como se amplian as contratacións con empresas privadas que buscan beneficio.
  • Estamos conformes coa creación do Centro de Recuperación Integral de Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI). Pero a pesares da nosa conformidade, rexeitamos que o posto de directora do CRI poda ser ocupado por alguén que non sexa empregada pública. Ver A Xunta utiliza a violencia de xénero para repartir favores políticos
  • Rexeitamos tamén que a través do decreto de creación do CRI tiveran a cara de fixar novos niveis de complementos para os funcionarios e funcionarias asesores xurídicos sen sequera dar conta aos representantes dos traballadores e traballadoras.

Por todas estas trapalladas, a CIG, CCOO e UGT votamos en contra. Incomprensiblemente, o CSIF, que votou en contra da RPT do IGE porque destruía seis postos de traballo, abstense na RPT de Vicepresidencia xustificando que incorporaban pluses aos postos do CRI.

Outras novas recentes

Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...
Mércores, 01 Outubro 2025

RPT de Medio Rural e RPT da administración especial para poder finalizar o concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

O venres 26/09/2025 celebrouse a Comisión de Persoal onde se levaban dous asuntos,   RPT de Medio Rural Estamos en contra dunha modificación de RPT na que se amortizan 14 postos de traballo para crear 7. Sen os postos derivados do decreto de estrutura temos que se destrúen 7 postos para crear 2 e para financiar a inmoral e insolidaria suba do complemento específico dos...
Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...