Novas por contido

Existen centros dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza que solicitan o informe aos órganos de representación mesmo unha vez esgotado o prazo legal para resolver.

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais vén de dirixir unha batería de escritos a cada unha das secretarías xerais e máis a Función Pública e Avaliación. Estes escritos fan referencia á obriga legal de solicitar informe aos órganos de representación nas flexibilidades familiares. Non só se detectan erros sustancias interpretativos da lexislación actual por parte dos distintos departamentos, senón que existe un atraso evidente na tramitación das flexibilidades familiares e un defecto no envío de documentación para elaborar o informe.

Demora excesiva nas resolucións

A pesar de que na Xunta de Persoal emiten os informes o mesmo día que chega a solicitude, a Administración non fai a súa parte. Esta demora prodúcese en dúas fases do procedemento:

1º) Atraso na solicitude do informe á Xunta de Persoal (ata 83 días AMTEGA, ata 74 días FACENDA ou ata 67 días SANIDADE), facendo en moitos casos envíos masivo de solicitudes acumuladas.

2º) Atraso en asinar a resolución despois de enviar nós o informe (ata 41 días FACENDA ou entre 20 e 27 días TRABALLO E BENESTAR)

Estas demoras fan que en moitas ocasións se sobrepase o tempo legal para resolver (3 meses) e a pesar do silencio positivo, os departamentos non están executándo as resolucións presuntas.

Expedientes incompletos

Para facer un informe en condicións é preciso ter a maior información posible sobre a solicitude. Porén, en moitos casos as consellarías nin remiten a propia solicitude da persoa traballadora, senón tan só un oficio cunha relación de nomes de persoas que din que solicitaron a flexibilidade.

A Xunta de Persoal demanda que xunto co escrito de petición de informe, acompañen a solicitude da persoa traballadora e o informe da persoa titular do centro directivo e, unha vez comunicada a resolución, se lles remita copia desta para facer un seguimento dos casos, algo que actualmente só fan cunha de cada 4 solicitudes.

Non se respecta a legalidade

Detecta a Xunta de Persoal confusión, entre o propio persoal traballador, no relativo aos horarios establecidos. Recorda que no caso de flexibilidade por razón familiares non existe un horario de presenza obrigatorio, sendo este aspecto a principal diferenza coa flexibilidade automática. Xa que logo, demanda á Administración que non se siga esixindo á persoa traballadora un horario de presenza fixo, xa que vai en contra da lei de igualdade e da orde.

Esta confusión entre horario de referencia e horario de presenza exemplifícase en situacións nas que o propio persoal traballador demanda nas súas solicitudes de flexibilidade familiar un horario de referencia inferior ás 37,5h semanais. P.ex.: FACENDA: 7:30 a 14:30 h de luns a venres (35 horas semanais) ou TRABALLO E BENESTAR: 09.10 a 15:15 horas de luns a venres (30 h e 50 minutos semanais)

Por outra banda, existen resolucións de concesión que establecen abertamente ese horario de presenza obrigada “por necesidades do servizo”, de novo, contravindo a lei xa que o que permite esta é modificar o horario de referencia pero nunca establecer un horario de presenza obrigada.

Por último, cómpre destacar tamén que a propia Xunta de Persoal destacou na súa campaña “Que non che quiten os venres” que o establecemento dun horario diario de referencia con carácter xeral no caso da flexibilidade familiar é contrario á lei de igualdade.

Outras novas recentes

Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...