Novas por contido

Esiximos a negociación inmediata da devolución de días de asuntos persoais e adicionais de vacacións e a devolución do 100% da extra de 2012 e o PP négase.

A pesares de que o RD-l 10/2015 sinala que as Administracións Públicas poderán estabelecer máis días de asuntos persoais por antigüidade e días adicionais de vacacións, o PP négase a negocialo xa, reservando esa baza para o período electoral.

Igualmente, a devolución do 26,23% da extra de nadal do 2012 que a Administración do Estado vai devolver en outubro, Feijoo quere devolvela en decembro a poucos días das Eleccións Xerais.

En relación ao 50% da extra do 2012 que nos deben din que irá nos Orzamentos Xerais de 2016 (supoñemos que a pagar antes das Eleccións Autonómicas).

No Estado xa teñen os seguintes días a maiores:

Días de vacacións
Todos/as os/as empregados/as públicos/as 22 días
Con 15 anos de servizo 23 días
Con 20 anos de servizo 24 días
Con 25 anos de servizo 25 días
Con 30 anos ou máis de servizo 26 días

 

 

Días de asuntos persoais
Todos/as os/as empregados/as públicos/as 6 días
Con 6 trienios 8 días
A partir do 8º trienio 1 día máis por cada trienio


Para a Administración galega isto supón perder 3 días de asuntos persoais en relación ao dereito establecido no artigo 75 da antiga Lei de Función Pública, que partía de 9 días iniciais.

E QUE PASA CO QUE NOS RECORTAN POR SER GALEGOS/AS?

O recorte do específico das pagas extras e cantidade similar para o persoal laboral, que o PP practicou nas nosas nóminas de 2013, 2014 e 2015 TAMPOUCO QUEREN DEVOLVELO.

Para facerse unha idea, as cantidades adebedadas polo noso traballo efectivo durante estes tres anos en concepto de supresión do específico da extra supoñen as seguintes contías segundo o nível:

Recorte extras 2013, 2014 e 2015
Específico Recorte en €
30 9.016,66
28A 6.849,36
28B 6.259,14
26 5.647,68
25 5.046,78
24 4.565,94
22 3.724,68
20 3.041,76
18 2.763,24
16 2.681,22
14 2.560,92
12 2.440,80
10 2.393,10

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...