Novas por contido

Semella que a sinatura do acordo dos Asuntos Propios está a producir remordementos de conciencia entre algún dos sindicatos asinantes, o que o leva a facer uso da mentira, a manipulación e a demagoxia en contra da CIG.

Mentira porque acusar á CIG de non manifestarse na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 15 de outubro é faltar á verdade e unha noxenta maneira de tapar as súas propias vergoñas.

Como xa relatamos en días pasados e aínda que a UGT non lle goste, a CIG si se manifestou, e nun exercicio de coherencia expuxo que se á hora de recortar dereitos dos/as empregados/as públicos/as non se tivo en conta a opinión sindical, cando menos a da CIG, para a restitución de parte deses dereitos non se pode pretender contar co visto e prace sindical, polo que a CIG negouse a votar na Comisión de Persoal.

Mentira tamén cando din que de non asinarse pola maioría das centrais sindicais non se podería gozar dos días no 2015 e habería que esperar a modificación legal “requirida”. O RD Lei 10/2015 non obriga a ningunha modificación lexislativa e menos a un acordo de transposición entre a Administración e as OOSS, senón que habilita ao goberno para que exercendo a súa potestade regulamentaria faga as modificacións, neste caso podería facelo por decreto da Xunta de xeito inmediato, tal e como indica o RD "cada Administración Pública poderá establecer..."

Neste senso é importante sinalar que na Administración Xeral do Estado están a disfrutar deses días de AAPP e vacacións por antigüidade dende o 12 de setembro mentres que na Galiza o PP estivo dando largas ao asunto case un mes para finalmente embaucar aos resto de OOSS.

Manipulación porque se pretende confundir aos empregados/as públicos/as desviando o foco de atención cara o posicionamento da CIG, obviando o realmente importante que é que o acordo asinado non recolle a recuperación dos nove días de AAPP que tiñamos na Galiza.

E demagoxia por dicir que se pola CIG fora, non se negocia nin se recupera nada. Nada máis lonxe da realidade, a CIG loita e loitará polos intereses das traballadoras/es públicos, pero o que non vai facer é tragar con rodas de muíño como este acordo ou, por poñer outro exemplo, coa LOFAXGA, que saíu adiante co apoio do resto de OOSS e que agora se botan as mans á cabeza cando a Administración a aplica.

Polo tanto, demagoxias as xustas, que todos/as nos coñecemos.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...