Novas por contido

O venres 2 de outubro tivemos xuntanza co Director Xeral de Función Pública para trata este asunto que xa foi resolto na Administración do Estado. Dende a CIG trasladamos a nosa demanda de que a Administración restaure os dereitos perdidos:

  • Reclamamos voltar á situación anterior (9 días de asuntos persoais).
  • En canto aos días adicionais de asuntos propios, propoñemos que como mínimo se nos aplique o mesmo que o RD-l 10/2015 establece para o Estado: dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, incrementándose, como máximo, nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo.
  • Nos días adicionais de vacacións propoñemos unha secuenciación diferente á do Estado, xa que a norma permite distribuir os días de antigüidade sen fixar criterio, polo que propoñemos un día adicional con cada trienio a partir do primeiro ata os catro que permite o RD-l.
  • Esiximos ademais que transitoriamente e ata a trasposición á lei galega, a Xunta aplique de xeito inmediato o mínimo o establecido para o Estado pois se non isto pódese dilatar no tempo e o RD-l faculta ás Administracións a establecer os días, sen que obrigue a facelo por lei.
  • En canto ao período de desfrute sinalamos que poida facerse ata abril, o cal beneficiaría a empregados/as públicos/as e á Administración.

Curiosamente a Xunta de Galiza non trae ningunha proposta e a próxima semana daranola por escrito.

Despois de sinalar que o RD-l establece o carácter potestativo de devolver os días, polo que a Administración podería non devolvelos ou devolver menos días que no Estado, se nos da a entender que probablemente a proposta sexa similar á establecida para o Estado, que haberá un período de desfrute amplo, que admiten a posibilidade sinalada pola CIG de facer a aplicación antes de ningunha modificación lexislativa, e que pensan que isto se pode pechar en outubro.

En relación á devolución do 26,23% da paga extra de decembro de 2012 comunícanos que adiantan a devolución para incluíla na nómina de outubro e que sacarán unha resolución para o persoal que non está en activo.

Non dubidamos que estas medidas que suavizan os recortes antes de períodos electorais, vanse aplicar, como mínimo de xeito similar, pois o propio PP é capaz de entender que de non ser así, a situación de agravío produciría un efecto contrario ao que pretenden que teña esta medida, que é facernos ver que as cousas van a mellor e que respetan os dereitos das persoas empregadas públicas.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...