Inicio
Venres, 24 Outubro 2025

A CIG reclama unha suba do 5% para o persoal empregado público e unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade

 A Área Pública da CIG  compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do persoal empregado público e dar a coñecer a campaña de recollida de sinaturas da PNL para o estabelecemento dunha ...


Martes, 21 Outubro 2025

A CIG denuncia a situación irregular e clientelar das comisións de servizo na Xunta de Galiza, en especial na Consellaría do Medio Rural

Nos últimos días coñecéronse novos anuncios de comisións de servizo na Consellaría do Medio Rural. Algunhas delas corresponden a prazas que xa foron adxudicadas de forma definitiva o 16 de outubro, e cuxas persoas titulares aínda nin sequera tomaron posesión. O persoal funcionario interino que se atopa ocupando esas prazas non foi cesado. Esta situación non é un feito illado, senón a mostra dun problema estrutural e prolongado no tempo na xestión do persoal público galego. Unha práctica ...


Luns, 20 Outubro 2025

30 de outubro: en pé por un Servizo de Incendios digno e público!

O persoal do Servizo de Incendios mobilízase o xoves 30 de outubro en Compostela por un servizo público, digno e con garantías laborais. A manifestación saíra ás 11 horas da Consellaría de Medio Rural en San Lázaro e rematará diante do edificio da Xunta en San Caetano.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos a situación de abandono, desigualdade e mala xestión que padece o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galiza ao que ano tras ano e, ...


Luns, 20 Outubro 2025

Monte queimado e axentes baixo mínimos: a Xunta abandona o control da caza

No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais

A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas, a Consellería, por vez primeira en anos, non activou as gardas do período extraordinario, deixando o servizo baixo ...


Venres, 17 Outubro 2025

A Xunta impón modificacións da Lei do emprego público de Galiza a través das leis de acompañamento e de orzamentos para o 2026 sen ningunha mellora

Dúas das normas máis relevantes para as persoas empregadas públicas como son a lei de orzamentos e a lei de acompañamento (lei de medidas fiscais e administrativas), o PP despachounas sen dar lugar sequera a unha negociación real. E para isto non nos enviou os textos das leis ata 20 horas antes da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e para poñer máis obstáculos enviou nova documentación media hora antes. A iso se lle chama mala fe negocial.

Pero non por iso renunciamos a ...


Mércores, 15 Outubro 2025

A clase traballadora galega para polos dereitos do pobo palestino e a fin da ocupación ilegal

Milleiros de persoas participaron nas 15 mobilizacións convocadas pola CIG con motivo da xornada de paro xeral

O paro xeral por Palestina está a ter un importante seguimento entre a clase traballadora galega, que unha vez máis amosa a súa solidariedade ao participar tamén de xeito masivo nas mobilizacións para reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal. A sinatura do cesamento ao fogo, malia que aínda non se materializou sobre o terreo, atende á reivindicación máis urxente para a ...


Martes, 14 Outubro 2025

Manifestación de bombeiras/os forestais en Madrid o 18 de outubro

A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación.

COMUNICADO

A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que se xeran na contorna rural, cada vez máis abandonado e peor xestionado. No que temos que destacar a necesidade ...


Martes, 14 Outubro 2025

A CIG reúnese coa consellería de Educación polo persoal non docente e as cociñas

O pasado venres 10 de outubro a CIG Autonómica mantivo unha reunión coa consellería de Educación pola situación do persoal non docente dos centros de ensino e as escalas de cociña. Esto foi despois de moitas solicitudes, e de ser necesario chegar á mobilización e o conflito, cunha manifestación en Compostela a finais do curso pasado e as concentracións en todos os departamentos territoriais dependentes da Consellería neste comezo de curso.

Nesta xuntanza puxemos enriba da mesa toda a ...


Martes, 14 Outubro 2025

Privatización da vixiancia de estradas. A AXI non aposta polo seu persoal e vai reforzar o servizo de vixilancia de estradas con persoal das empresas adxudicatarias

No mes de xullo, a CIG solicitou a revisión dos pregos no procedemento de licitación para a contratación da conservación ordinaria e da viabilidade invernal das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galiza. Con data do 10 de xuño de 2025, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) fixo pública, a través da Plataforma de Contratación Pública de Galiza, a documentación relativa ao procedemento de licitación para a contratación da conservación ordinaria e da viabilidade invernal ...


Luns, 13 Outubro 2025

As achegas da CIG e a mobilización van ser fundamentais para deseñar o novo marco normativo para a seguridade do persoal bombeiro forestal

A CIG presenta achegas ao borrador de Real Decreto que desenvolve a Lei básica de bombeiros forestais en materia de prevención incidindo, entre outras cuestións, na limitación da xornada máxima, a formación previa, a obrigatoriedade de investigar os accidentes, na inclusión de todas as actividades onde estea presente o lume e o estudo, XA, das enfermidades profesionais.  

O borrador de Real Decreto polo que se desenvolve a disposición final primeira da Lei 5/2024, de 8 de novembro, básica ...


Xoves, 09 Outubro 2025

O Supremo pronúnciase sobre o conflito colectivo das tarefas de PSX

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.A CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar consistente en impor, aos/ás traballadores/as coa categoría de PSX de determinados centros de día, ...


A día de hoxe hai pendente un chamamento de 70 técnicos de apoio para as oficinas de emprego que van ser chamados das listas do A2. As tarefas a desenvolver son propias dun posto base do grupo A2, aínda que non son postos da Relación de Postos de Traballo (RPT), senón contratos dun ano.

Respetando a legalidade, o sentido común e a igualdade, os chamamentos deben facerse das listas de substitución da Xunta pola orde exacta que se segue en calquera outro chamamento.

CCOO e UGT asinaron un pacto de "diálogo social" coa Xunta nun momento de recortes no que a cambio de prebendas, como a que imos comentar, eles apoian á Xunta, igual que o fixeron en normas como a LOFAXGA ou o Decreto de Integración.

Agora pasan a factura e pretenden que desas listas do A2 só se chame a xente cunhas determinadas titulacións. Pretenden impoñer requisitos ás listas, unhas listas que son de corpos xerais, non de ningún corpo ou escala que requira titulacións. Todo isto para favorecer a uns poucos afiliados que están nas listas do número 50 para arriba e así adiantar ás persoas que teñen máis puntos que elas.

A CIG, que foi a única asinante deste decreto de listas no 2006 porque, a pesar das eivas defende a igualdade, non vai permitir, poñendo en marcha aos seus servizos xurídicos, que se fagan traxes a medida e que se mofen das persoas que están inscritas nas listas. Ao mesmo tempo se lle están a dar argumentos á Administración para que deseñe chamamentos cos requisitos necesarios para facer chamamentos a persoas concretas en calquer corpo ou escala saltando por riba dos que están por diante nas listas.

Esperemos que Función Pública non ceda a esta chantaxe e faga valer a legalidade vixente.