Novas por contido

O martes 25 de xuño acudimos a unha xuntanza con Función Pública para discutir o "acordo-mix". Falamos tamén dos concursos de traslados, oposicións, RPT de Cultura e do incremento do 0,25% da nómina.

Acordo-mix (preme para información previa)

- Incluíron unha introdución facendo referencia ao II Acordo Goberno-Sindicatos de Madrid e ao Acordo de concertación de emprego. Un brindis a CCOO e UXT para que poidan apuntarse o tanto.

- Acordo primeiro (FAS): Igualan as contías de Fas funcionarios/laborais de a 180 euros ano. No caso de persoas con discapacidade superior ao 75% non se terá en conta os ingresos.

- Acordo segundo (horario de verán): Continúa como estaba no primeiro borrador. O persoal a quendas e con horarios especiais queda fora. Da compensación ao persoal que non poida beneficiarse, nin falamos.

- Acordo terceiro (OPE de incendios): A novidade nestas ofertas de paso de laborais temporais de 9 a 12 meses irá como un proceso de estabilización (concurso/oposición). Aumentan as prazas que de 100 (OPE 2019) e 100 (OPE 2020) pasa a todas as restantes en iguais circunstancias no 2020.

- Acordo cuarto (aumento de permiso por tratamentos graves): Segue igual pero incorporan o uso preferente do permiso na parte flexible do horario, no caso de que se teña horario flexible.

- Acordo quinto (incorporación de interinos e persoal que non cumpría requisitos á carreira profesional): Segue todo igual pero co recochineo de facer mención do persoal laboral temporal que se funcionarice “voluntariamente” (e que se non o fan, van á rúa).

- Acordo sexto (P.I aos procesos de funcionarización): Interpretan a sentenza da CIG ao seu gusto. Van separar os procesos de consolidación e falaron tamén dos de estabilización da futura promoción interna. Veremos en que acaba o conto pois é un tema complexo.

Enviarán o texto definitivo a finais de semana, para aprobarse en Comisión de Persoal. Non aceptan votar punto por punto, senon que será unha única votación para aprobar o lote completo (e así forzar o voto dos sindicatos).

Outros temas:

* Concurso de traslados: falan de inminente convocatoria de xuntanza para negociar o baremo dos concursos de administración xeral e veterinarios. Dos demais concursos, nin pio.

* Oposicións escalas técnicas: Nomeamento de tribunais antes do 15 de xullo.

* RPT de Cultura: Xa a ten Función Pública, e van convocar en xullo reunión para aprobala nese mes.

* Incremento do 0,25%: irá na nómina de xullo con case toda probabilidade (e se non, na de agosto).

* FAS-2018: de mala gana, respostan que "sairá cando teña que sair" (falaran de que sairía en maio).

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...