Novas por contido

As Organizacións Sindicais con presenza na Mesa Xeral de Empregados Públicos (CIG, CCOO, CSIF e UGT), poñemos de manifesto as distintas reclamacións e problemáticas dos Equipos de Valoracións e Orientación da Consellería de Política Social.

Os equipos de valoracións e orientación teñen por obxectivo primordial facilitar a axuda necesaria a todas as persoas con discapacidades a fin e efecto de que se afronte, dun mellor xeito, os diferentes ámbitos da vida.

O grao de discapacidade recoñécese a través do traballo levado a cabo por estes equipos dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social para beneficiar non só fiscal, laboral ou economicamente senón tamén socialmente a persoas de calquera idade que presenten deficiencias permanentes non recuperables.

As pautas de valoración están baseadas fundamentalmente na exploración e capacidade para realizar as actividades básicas da vida diaria e son levadas a cabo polo equipo multidisciplinar composto por servicio de medicina, psicoloxía e de traballo social, co fin de tomar as medidas precisas que favorezan ás persoas con discapacidade.

A dotación de persoal coa que contan os equipos de valoracións, resulta claramente insuficiente para sacar adiante o traballo co que se enfrontan a diario, débese mencionar que o retraso nas valoracións supón un claro prexuízo para unha parte desta sociedade que sendo vulnerables deberan ter unha prestación de servizo público caracterizado pola prestación de axuda de xeito eficaz e efectivo.

No referente ás deficiencias de determinadas cuestións poñemos de manifesto as seguintes:

O modelo de solicitude de recoñecemento do grao de discapacidade, debe ser modificado, non facilita o traballo do persoal técnico ao mesmo tempo que, xera dúbidas a quen solicita pola terminoloxía utilizada. Tendo en conta que a valoración final resulta dunha suma de factores nos cales son moi importantes os factores sociais, resulta claramente contraditorio e confuso que o propio modelo de solicitude apareza marcado xa por defecto a negación expresa á valoración de ditos factores, entendéndose por tanto como unha falta de comunicación ao usuario que lle está a restar dereitos na súa valoración.

Cabe resaltar a novidade de poder acceder mediante os medios informáticos e a través do IANUS a toda a documentación e información necesaria para avaliar cada caso concreto, pero que nalgunhas situación sobrecarga ó persoal de psicoloxía que non ten a concesión de acceso a este sistema e debe de recorrer continuamente ó persoal médico que ademais do seu traballo debe de atender e facilitar o requirido por este servizo.

Coa finalidade de organizar mellor o tempo de consultas é necesario establecer e respectar debidamente os tempos de exploración, xa que na actualidade están estipulados en 45 minutos de xeito uniforme o que non se corresponde coa dinámica real de traballo dos equipos de valoración. Tamén incidir na necesidade de deixar un tempo a maiores, considerado como unha consulta dobre (90 minutos), para aqueles casos máis especiais que requiren máis tempo na súa avaliación, quedando por tanto estipulado ó final da mañá para que non interfira o traballo de todo o equipo que soporta tempos mortos por mor da citacións destes casos en horarios arbitrarios. Nestes mesmos termos é de necesidade respectar un día da semana (luns ou venres) e aproveitar que se leva a cabo a Xunta de Valoración para tantear expedientes e poder realizar os diferentes trámites administrativos e legais que supoñen as contestacións a recursos, revisións, reclamacións, demandas, adaptacións para a realizacións de exames, etc.

Por todo o anteriormente exposto esiximos e reclamamos:

  • Que o día da xunta de valoración non se citen pacientes para ningún profesional, co fin de realizar todo o exposto.
  • Acceso ao IANUS para o persoal de psicoloxía.
  • Que se respecten os tempos horarios nas valoracións.
  • Que se presente unha solicitude más clara e adaptada ás necesidades dos usuarios.
  • A creación con carácter permanente de novas equipas de valoración naquelas localidades en que a carga de traballo provoca a superación dos prazos legalmente establecidos, así como a dotación de máis persoal de corpos xerais.

Outras novas recentes

Mércores, 30 Xullo 2025

A CIG pide a retirada da denominación sexista «Valedor do Pobo» da fachada do edificio da institución

A entidade está a negociar cos sindicatos o seu I Plan de Igualdade, que chega 18 anos tarde ―contando con que a súa aprobación sexa en 2025 A pesar de que dispoñemos cada vez de máis lexislación no eido da igualdade, o seu incumprimento é sistemático por parte das administracións, sen que teña consecuencias que as disuadan do contrario. A lexislación obriga ás...
Xoves, 31 Xullo 2025

Privatización do servizo de vixilancia de explotación de estradas

O pasado 10 de xuño, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publicou na páxina de Contratos Públicos de Galiza a documentación relativa á contratación da conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas dependentes da Xunta de Galicia. Nos pregos desta licitación figuran os requisitos e tipo de persoal con dedicación exclusiva que deben contratar as empresas...
Xoves, 31 Xullo 2025

RPT de Atriga, Facenda, C.Presidencia. RPT con cambios en admon. especial (para 01/08/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocounos a unhas xuntanzas que serán o día 1 de agosto, coa seguinte Orde do día: RPT DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES Trátase dunha proposta de certa amplitude que foi tratada nunha xuntanza previa o día 11 de xullo. E agora, no mesmo día pretenden "negociar" en Mesa Sectorial de...