Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública comunícanos parte da relación de prazas vacantes a ofertar no concurso de traslados de corpos xerais. É a correspondente ás vacantes das seguintes consellerías (agardamos polas que faltan):

  • Consellería do mar
  • Consellería de política social
  • Consellería de sanidade
  • Consellería de cultura e turismo
  • Consellería de educación
  • Consellería de economía, emprego e industria
  • Consellería de infraestruturas e mobilidade

Función Pública fai anos que non nos facilita datos das prazas que están vacantes, así que a CIG non ten maneira de verificar se nesta relación están todas as prazas que teñen que estar ou hai algunha tapada. Temos prazo ata o venres 12 para facer alegacións, así que se ves algunha cousa que está mal, ou botas en falta algunha praza, contacta coa CIG canto antes.

Lembramos que esta sería a relación inicial de vacantes, e que no concurso se poderán solicitar estas xunto coas prazas de todas as persoas que presenten instancia para participar no concurso.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...