Novas por contido

Seguimos cunha suba raquítica pactada en Madrid que non axuda a recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos 10 anos, sen xornada de 35 horas, e co resto dos recortes consolidados neste anteproxecto de Orzamentos Xerais.

Na Mesa Xeral celebrada o mércores 16 de outubro o director xeral de Planificación e Orzamentos infórmanos que espera que a suba salarial se sitúe ao redor do 2,2%, o 2% derivado do acordo de Madrid e o 0,2% a maiores tendo en conta os datos do cadro macro do goberno que sitúan o incremento do PIB nun 2,1%, todo isto condicionado a que se habilite isto pola normativa básica estatal.

Intervimos para destacar que neste borrador de anteproxecto seguen consolidados os RECORTES.

A suba do 2,2% parece a todas luces insuficiente. A maiores parece que o Goberno do Estado vai establecer a suba dos empregados públicos no 2% tal e como recolle o II Acordo de mellora asinado en Madrid con CCOO, UGT e CSIF.

No caso de que o incremento do PIB baixe do 2,1% (e xa existen estimacións serias como a de FUNCAS que o baixan do 2%) o Acordo de Madrid implicaría que a suba queda nun ridículo 2%, e non no 2,2% nin por suposto no 3% que alegremente anunciou CCOO. Isto ocorre por condicionar a suba salarial a un incremento do PIB que no mesmo momento de asinar o Acordo tanto o Goberno como CCOO, UGT e CSIF sabían que non se ía a cumprir.

A dúbida é si a Xunta mantén ese 2,2% de incremento e nos Orzamentos Xerais do Estado se establece unha suba no 2%, tal e como anunciou o Goberno Central, que van facer? Van descontarnos ás persoas empregadas públicas da Xunta ese incremento indebido na nómina?

Vender unha suba salarial ridícula e que por riba non saibamos se imos ter que facer peto para devolver unha parte é un despropósito dos gobernos galego e español e de CCOO, UGT e CSIF.

A maiores da cuestión salarial estes Orzamentos consolidan os recortes establecidos nesta década e bendicidos polo Acordo de Madrid:

  • Seguimos mantendo que debe haber un Plan para negociar a débeda salarial contraída pola Xunta de Galiza cos recortes salariais, especialmente no complemento específico ou equivalente en anos atrás. No basta restituír o complemento específico da extra senón que hai que devolver o roubado.
  • Esiximos que se cree un complemento para restituír os soldos base e trienios da extra ata o importe completo das mensualidades ordinarias.
  • Esiximos a derrogación da lei 1/2012 de medidas na súa integridade, moi especialmente a suspensión do artigo 19 do V Convenio.
  • Ao derrogar esa lei, levántase a suspensión do Plus dos Altos Cargos, polo que a derrogación debería conlevar a derrogación expresa e definitiva dese privilexio e os importes se destinarían ao fondo de continxencia.
  • Establecer a xornada de 35 horas con carácter xeral para todos/as os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza e os seus entes.
  • Estender a carreira profesional a aqueles que o Acordo de concertación quixo excluír, cos mesmos dereitos dende o 1 de xaneiro de 2019, especialmente a quenes non optaron pola chantaxe da funcionarización, ao persoal interino e temporal e tamén ao persoal fixo e temporal dos entes, especialmente polo seu número ao do Consorcio de Igualdade e Benestar. De igual modo débense establecer novos tramos reducidos para consolidar os graos I e II para os subgrupos A1 e A2 e I e II de laborais iguais ao do resto dos subgrupos, pois isto é tamén discriminatorio.
  • Recuperación do Fondo de Acción Social.
  • Este anteproxecto e o Acordo de Madrid seguen consolidando o recorte de emprego público ao seguir establecendo unha taxa de reposición. Consideramos que se debe establecer a non existencia de taxa de reposición co fin de rematar coas graves carencias de persoal da Xunta de Galiza.
  • Consideramos que non se debe establecer ningunha limitación, tal e como aparece no texto, nin nas causas nin nos ámbitos á hora de poder realizar contratacións de persoal temporal e interino sexa para postos vacantes, como para substitucións transitorias.

E como non podía ser doutro xeito, CCOO, UGT e CSIF manifestaron que comparten coa Administración esta suba salarial, aínda que a consideran insuficiente (nós preguntámonos entón para que a asinaron).

CCOO como no conto da leiteira aínda mantén que se nos podería subir ata o 3% porque “aínda non se saben as previsións" (parece que nin o cadro macro do goberno nin as previsións de FUNCAS ou o FMI lles valen. Seguen esperando que neste dous meses se produza un milagre económico en relación a un incremento do PIB que dea lugar a que poidamos cobrar o 3%).

Entre a palabrería destes sindicatos está o universalizar a carreira profesional que eles mesmos lles negaron a moitos empregados públicos ou acabar coa taxa de reposición (o din como se a taxa de reposición caera do ceo e non porque eles a estableceran asinando os Acordos de “mellora” de Madrid e de Concertación de Galiza).

A CIG esgotará todas as vías posibles, incluída a de instar a presentación de emendas, sabendo que a política deste goberno de non levantar o pé da lousa dos recortes deberá pasarlles factura entre as persoas empregadas públicas.

Outras novas recentes

Xoves, 23 Outubro 2025

Resumo da Comisión de Seguridade e Saúde Laboral da Consellaría do Mar

Na xuntanza da Comisión de Seguridade e Saúde laboral da Consellaría do Mar, celebrada o pasado 16 de outubro tratouse a problemática do radón, os resultados das avaliacións de risco (AR) de varios servizos, a necesidade de formación en condución segura así como aspectos relacionados coa roupa de traballo. Medicións de Radón. Das medicións levadas a cabo nos centros da...
Luns, 20 Outubro 2025

Concursos de traslados de veterinarios/as e escalas sociais: relación provisional admitidos/as e excluidos/as

Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na que nos informan de que o mércores 22 de outubro publicarán no Diario Oficial de Galiza as seguintes resolucións: Resolución do 15 de outubro de 2025 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso de traslados F0325, escala de veterinarios....
Martes, 21 Outubro 2025

RPT IGVS (para CP 24/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha xuntanza da Comisión de Persoal para o día 24 de outubro, co seguinte punto da orde do día: Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Instituto Galego da Vivenda e Solo (iGVS) Esta proposto pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario (MSF) o pasado...